Eros López, nova fichaxe de Futbolinlugo

Eros López, nova fichaxe en Futbolinlugo

Futbolinlugo ten unha nova fichaxe para ampliar o seu equipo no décimo aniversario co obxectivo de aumentar os contidos. O xornalista sarriao Eros López é o novo reforzo do noso medio de comunicación nun gran esforzo editorial que buscamos facer ao longo dun ano tan especial para nós.

Eros López reforzará o traballo tanto na creación de contido en web como nas redes sociais de Futbolinlugo. A intención é clara, aumentar os artigos do noso medio no día a día do fútbol lucense e seguir crecendo da man da nosa comunidade.

A nova adquisición fará que non só manteñamos o compromiso dun contido diario durante todo o ano, senón que aumentará o número dos mesmos varios días a semana e sempre coa calidade que merecedes.

Eros López leva varios anos en medios de comunicación, adicándose tanto a fútbol coma a baloncesto con presencia actual en medios coma El Progreso, Non Vale Furar e Basket Pasión, ademais de ser o ‘speaker’ da Sarriana. Todo un apaixoado do noso fútbol que se une a un cadro de traballadores espectacular para achegar o fútbol máis modesto da provincia a toda a comunidade.



Eros López, nova fichaxe en Futbolinlugo

A SD Antas remata a primeira volta

Eros López, nova fichaxe en Futbolinlugo

Óscar López: «Á nova directiva do Lemos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *