En directo: última xornada da Terceira Futgal

A Terceira Futgal vive a súa última xornada da liga regular. A emoción é máxima na zona sur da provincia. Hai en xogo dous ascensos directos e catro equipos con opcións de subir.

Monterroso B chega coma líder en solitario con 42 puntos tras non convertir o seu primeiro ‘match ball’ ante o Sober. O cadro soberino é segundo con 41 puntos. O Corgo tamén conta con 41, pero cun déficite no diferencial de goles de -4 co Sober. Á espera do que aconteza está o Sporting Lucense, 4º con 40 puntos.

O filial depende de si para ascender. Se gaña é equipo de Segunda. O seu rival non se xoga nada a nivel clasificatorio.

O Sober tamén depende de si. Con todo, o seu rival, o Taboada B xógase a praza na fase de ascenso. Precisa puntuar para asegurala.



O Corgo necesita gañar e, no caso de que tamén o faga o Sober, tería que superar ao seu rival con cinco goles máis que o resultado positivo do cadro soberino.

É dicir, se o Sober gaña 1-3, o Corgo para subir tería que vencer 7-0. O rival do Corgo é un Carballedo que necesita os tres puntos para ter opcións de entrar na promoción.

Á espera do que fagan os demais está o Sporting Lucense. Precisa gañar e esperar. O seu rival non ten nada en xogo a nivel clasificatorio.



Na zona norte, os ascensos xa están decididos: Goiriz e Castroverde son equipos de Segunda. Falta confirmar o campión, que moi probablemente será o cadro vilalbés. Xa se sabe tamén os equipos que xogarán play off, pero non os emparellamentos. O duelo directo entre o Abadín e o Rioaveso Machinango será clave para ordear as eliminatorias das semifinais.

Simulador, en función dos resultados:

Zona sur:

Ascenden: Monterroso B e Sporting Lucense

Eliminatorias fase de ascenso: Sober – Sarriana B e Corgo – Taboada

Zona norte:

Eliminatorias fase de ascenso: Cazás – Abadín e Matela – Rioaveso Machinango



FINAL:

Monterroso B 7-0 Bóveda

Taboada B 1-3 Sober

Corgo 2-2 Carballedo

Chantada Atlético B 0-8 Sporting Lucense

Abadín 2-3 Rioaveso

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *