O Atlético Escairón comezou onte a pretemporada ás ordes de Escalza. Coa continuidade de xogadores coma Aitor, Alami, Asier, Basán, Félix ou Pandiani. E moitas caras novas: Andrade, Igor (Castro), José Manuel (Castro), Macía (Sarriana), Sergio Pollo (Ferreira), Shelton, Vinicios, Julito (Bóveda) e Rubén Cidre (Ferreira). Sen movernos moito, o Carballedo confirmou á súa decimosexta xogadora: Isa Iglesias.
Pasamos ao outro extremo da provincia, onde temos dous homes que deixan provisionalmente o fútbol. Os exxogadores do Viveiro Poceiro e Mella abandonan a práctica balompédica. Quen sabe se por pouco ou moito tempo. Quizais o novo técnico do San Ciprián Lekumberri os poida convencer para regresar á súa antiga casa. En Burela seguen unha campaña máis: Simón, Ramiro, Pedro, Marcos, Runi, Christian e Jairo. Pola súa parte, en Mondoñedo farao un dos capitáns: Juan.
Na Sarriana pecharon a incorporación de Yeray, procedente da Residencia. E no veciño Páramo continúa o todoterreo Corbelle, que fixo oídos sordos a importantes ofertas de Preferente. Ademais, o Corgo renovou aos seguintes xogadores: Álex, Santa, Chouso, Jorge, Borja Núñez, Patxi, Dani Pérez e Marcelo Silva.
Por último, deixámosvos a pretemporada do Foz:
5A en Alfoz: Triangular Xove Lago, Foz e Lourenzá.
9A en SanCiprián: Cuadrangular con Rácing Villalbés, Viveiro, San Ciprián e Foz.
15A: Mondoñedo-Foz
19A: Xove Lago-Foz
21A: Lourenzá-Foz