Un dos xogadores da base lucense da o salto ao fútbol sénior. Jacobo Vilariño incorpórase ao Somozas da Terceira Galega, que na vindeira temporada estará adestrado por Stili, procedente do CD Lugo xuvenil División de Honra. Á Terceira poderia chegar Juan Ignacio Brunet para reforzar o Lugo B. O centrocampista arxentino reforzaría o Polvorín segundo o seu axente publicou nas redes sociais.

O Ribadeo xa prepara o seu novo reto en Preferente coa chegada de Rafa Casanova ao banco. O vindeiro 26 de xullo comeza a súa pretemporada coas altas de Javichu e Fernado procedentes do Castro, Mario Lorido procedente do Andes e Brais Prieto e Roi Campos do Lugo xuvenil. Os xuvenís Adrián Barrera e Marcos Castañal pasan a formar parte do primeiro cadro de xogadores.
O Outeiro xa ten quen comande o seu novo proxecto na Primeira. Marcos Núñez «Cholas» será o adestrador despois da marcha de Juan Peón. Na Segunda, o Cabreiros continúa reforzando o seu equipo con Álvaro Valea. O xogador chega procedente do Foz avalado pola confiando do adestrador José Manuel, quen xa o adestrara no cadro alfocego. Ademais na Terceira, o Paradela confirma as súas primeiras incorporacións. Raúl, centrocampista da Sarriana nas últimas seis temapadas, e Esteban, procedente do Santa Comba e con pasado na Sarriana, Antas e categorías inferiores do Lugo; reforzan o club dirixido por Rubén Bergantiños.
O proxecto do Chantada feminino continúa medrando coa chegada de sete xogadoras. Natalia Amarante, Andrea, Laura Carnero, Laura Rey, Mar, Marina e Nati reforzan o cadro adestrado por Víctor Losada.

