#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 387

Na metade do mes de agosto, a pretemporada avanza e os movementos redúcense. Aínda que varios conxuntos continúan perfilando o seu cadro de xogadores.

Na Segunda e na Terceira RFEF xa coñecen a folla de ruta. A Sarriana ten a disposición un xogador máis para a súa estrea ligueira diante do Gran Peña Celta C. Precisamente trátase dun ex futbolista da canteira celeste. O mediocentro vigués Miguel Fernández chega ao club de Sarria procedente do Estradense.

Que non continúa na Sarriana é Diego Santín. O futbolista berciano que xogou o III All Star Futbolinlugo xogará na Terceira pero no Atlético Arteixo.

Na Preferente tamén saben do seu calendario. Mentres agardamos polo calendario da Primeira, o Lourenzá reforza o seu conxunto. O defensa Isaac xogará no club da súa vila tras catro temporadas no Riotorto.



O Burela comunicou que Jairo López, Jimmy, Yeray e Brais Penelo seguirán un ano máis vestindo de verde. O cadro da Marosa continúa coa súa aposta pola xente da casa.

Santín xogou o III All Star Futbolinlugo polo seu bo papel no curso 22/23 na Sarriana

Na Segunda Rexional, o Xermade reforza o seu conxunto con dúas incorporacións. Chega o mediocentro Anxo Teixeira procedente do xuvenil do Racing Villalbés.

Tamén se suma ao proxecto de Borja Bouza, Andrés Seco ‘Andy’. Vén do UD Cebarca pero o atacante pontés xa sabe o que é xogar na provincia no Roupar.



Na Terceira Rexional, o Celta Barreiros ficha ao mediocentro Antón. A última campaña xogou no xuvenil da SD Ribadeo, ao igual que outros seis compañeiros que chegaron da canteira ribadense ao club do Cascabeiro.

Diario dun mercado. Episodio 387

Diario dun mercado. Episodio 386

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *