#Fútbol afeccionado #Feminino #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 383

Iniciamos un novo repaso aos movementos da provincia pola Primeira Galicia. Abrimos o Diario dun mercado cunha incorporación pola Mariña. O defensa burelao Jairo Amancio Menéndez é a nova fichaxe do Xove Lago.

Xa na Segunda, o Paradela incorpora a ao lateral esquerdo Marco. Trátase dun regreso xa que o futbolista de Paradela xa xogara no equipo da súa vila pero estivera ausente por motivos laborais. Pola súa parte, o Antas perde a un dos seus mellores activos. O prometedor Portu, aínda en idade xuvenil, chega á Residencia xuvenil despois de ser a revelación da tempada no Castro Seoane.

Baixamos á Terceira, onde Pablo Pin renova no Castroverde. No Rioaveso vaise manter un importante bloque de xogadores. Como xa comentamos, o vilalbés Asier Lozano será o adestrador. O gardamallas Guille, os centrais Esteban, Mario e Javi Cruz, os laterais Mini Cabado, Amido e Adrián Martínez ‘Pérez’, o centrocampistas Lingas e os atacantes Kauan, Simo, Alesso e Gesto.

Esteban converteuse nun dos referentes do club da súa parroquia

Por último, traemos novas da recén creada Piringalla, que estuda facer nun futuro próximo un equipo feminino (van probar esta campaña cun conxunto de fútbol sala sénior coa intención de amplialo ao campo grande).



No seu cadro masculino, seguen a chegar novidades. O equipo de Marcos suma a filas a varios activos formados na canteira da Milagrosa: Rasilla, o medio Gabriel Balea e o incisivo Juanjo Pereira. Ademais, tamén pescan en Montirón co eléctrico lateral Lucas Rodil, ex do EF Polvorín xuvenil.

Diario dun mercado. Episodio 383

Diario dun mercado. Episodio 382

Diario dun mercado. Episodio 383

Diario dun mercado. Episodio 384

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *