A asamblea de FGF celebrada o pasado mércores deixábanos a sorprendente novidade dos “cambios infinitos” na categoría infantíl, nova da que Futbolinlugo xa falou. Ademais, ao mesmo tempo, presentamos a diferente organización das distintas ligas nas que contaremos representación lucense nestas idades. Hoxe falaremos dos que, dentro dos pequenos, son prácticamente os máis maiores: os cadetes (categoría que comprende aos rapaces nados nos anos 2002 e 2003).

 

Nos cadetes discernimos entre tres divisións (de maior a menor rango: División de Honra, Liga Galega e Primeira Autonómica).  Na División de Honra, da que descenderán catro equipos, participará un habitual nesta clase de ligas, o CD Lugo. En cambio, na Liga Galega contamos con máis representación. Nesta liga diferenciamos dous grupos (divididos xeográficamente, un septentrional e outro meridional dentro da nosa comunidade), dos que os dous primeiros clasificados en cada grupo ascenderán a División de Honra e os dous últimos baixarán ás respectivas ligas autonómicas. No grupo norte defenderán a nosa provincia tres clubes: Viveiro CF, Racing Villalbés e CD Lugo “B”. No grupo sur, poderemos ver encontros de Liga Galega nos Escolapios de Monforte, feudo do CP Calasancio.

División de Honra CadeteRC Celta, RC Deportivo, Victoria CF, Pabellón CF, CD Lugo, Ural CF, Racing Ferrol, Bertamiráns, CD Areosa, ED Valmiñor, Pontevedra CF, Bergantiños CF, CD Choco, Coruxo FC, CD Calasanz, Santiago Compostela, ED Arousa, Rápido de Bouzas.

Liga Galega Cadete Norte: Galicia Caranza CF, RC Deportivo “B”, Montañeros, Xuventude Oroso, Viveiro CF, Racing Villabés, Racing Ferrol “B”, Victoria CF “B”, CD Lugo “B”, Bertamiráns “B”, Ural CF “B”, EF Lalín, CD Conxo, Dumbría CF, San Tirso SD, Sporting Estrada, Bergantiños CF “B”, Santiago Compostela “B”.

A Residencia de Rubén Núñez estivo a piques de conseguir o ascenso a pasada campaña.

Pola outra banda, cómpre falar da Primeira Autonómica. Esta é una competición a nivel provincial dividida tamén en dous grupos (norte e sur). Disputarán unha fase inicial a unha volta na que obterán a clasificación a unha segunda final os catro primeiros de cada grupo. Esta fase consistirá nunha liga a ida e volta, da que sairán tres equipos que disputarán a fase de ascenso á Liga Galega. A división dos grupos iniciais será a seguinte:

Grupo Norte: EF Polvorín “A”, SCD Milagorsa “B”, CD Castro, SD Ribadeo, UD Xove Lago, SDC Residencia “B”, Viveiro CF “B”, CD Foz, ED Lourenzá, SD Porto Burela, CD San Ciprián (novo), Racing Villalbés “B” (novo).

Grupo Sur: SDC Residencia “A”, SD Sarriana, EF Polvorín “B”, Sagrado Corazón, Palas CF, SD Monterroso, SD Becerreá, Atlético Abuín, AD Ferroviaria, ED Ribela (novo), SG Comercial (novo), SD Antas (novo).

Tamén contamos con tres clubes que, a pesar de ser lucenses, disputan a Primeira Autonómica fronte aos equipos de Ourense. Son o CF Monforte, o CP Calasancio “B” e a SD Chantada.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*