#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 366

O mercado non da tregua. Comezamos este novo episodio con novidades na Sarriana. Os da Ribela seguen incorporando xogadores lucenses ao seu cadro. O viveirense Aldán Naval súmase o proxecto de Jorge Cuesta que xa conta con quince futbolistas. Será a cuarta temporada de Aldán en Terceira RFEF, categoría na que vén medrando en minutos progresivamente. Dúas tempadas no Somozas e a última no Arzúa. Coñece ben ao que vai ser o seu adestrador, xa que ambos coincidieron nas categorías base do Celta.

O Ribadeo anunciou a fichaxe de Pablo Castrín. O de Riotorto será un dos baluartes do novo proxecto dos mariñáns, na que será a súa segunda etapa no Pepe Barrera. Procede do Polvorín, co que xogou a última campaña en Segunda RFEF, onde gozou da titularidade nun bo número de encontros. Un ex compañeiro de Castrín, Xabi Domínguez tamén deixa o filial albivermello para formar parte do Guijuelo.

O All Star Miguel Guedes será novo xogador do Burela. O extremo, formado na SD Ribadeo e na base do Racing Vilalbés, vén de realizar unha gran campaña no Sporting Pontenova. Tamén deixa a Mina Nabriga para unirse ao novo proxecto dun Riotorto que tamén contará co central Adrián, procedente do Portomarín e co lateral Luis Fabian, que chega desde o Sporting Lucense.

No Santaballés renovan cinco clásicos. Ivo, Chechu, Novás, Vérez e Soto seguirán un ano máis no conxunto da Liga. Diego Fente causa baixa no Portomarín de Diego Díaz. De la Iglesia, central ou mediocentro, con pasado na base do Lugo é novo xogador do Outeiro de Rei.



O Alfoz incorpora a Fran Vázquez como preparador físico e man dereita de Nico no corpo técnico. O focense adestrou ao Celta Barreiros, co que acadou o ascenso a Segunda Autonómica. No Quiroga renova o dianteiro Pincha, e no Rio Sil continuará Pani, un dos seus baluartes.

Edgar Tourón regresa ao Racing Villalbés dúas temporadas despois para xogar no seu filial. O gardamallas viñera ao club en idade xuvenil logo de formarse na Sarriana. Despois de dous cursos de sénior con experiencia no Riotorto e no Orillamar coruñés volve ao Racing. Terá de novo como compañeiro a Pedro Roca.

O Muimenta anunciou as renovacións dunha boa parte da columna vertebral do equipo. Na portería continúan Noche e Cancio. Volve unha das grandes parellas de centrais da categoría: Julio Jartín e Iago regresan logo das súas lesións. Manolo e Rubén que chegaron o ano pasado procedentes do Meira tamén seguen. Continúan os irmáns e capitáns Morán e tamén Jairo Gegunde.



Dani e Pitu renovan no Rubián ao que regresa o mediocentro Iago logo de superar a súa lesión.

ResponderReenviar

Diario dun mercado. Episodio 366

Diario dun mercado. Episodio 365

Diario dun mercado. Episodio 366

Diario dun mercado. Episodio 367

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *