#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 365

Chega unha nova edición do mercado do fútbol lucense, con novidades de punta a punta da provincia. En primeiro lugar, o Viveiro non quere pasar apuros nunha nova campaña en Terceira RFEF. Para iso, os celestes veñen de incorporar aos mediocentros Diego Núñez (ex de Pol e Ribadeo) e Manu Martín, que chega desde o Jerez de los Caballeros (vía El Progreso).

Outro equipo mariñán que quere evitar os sustos do ano pasado é o Ribadeo. Os do Pepe Barrera afrontan unha nova temporada cun cadro de xogadores de garantías no que renova Aitor. O talentoso extremo seguirá xogando no conxunto da súa vila, ao que chegou no mercado invernal. Os ribadenses despiden, porén, a Xurde, que vestirá a camisola do Caudal de Mieres. Se cambiamos da Mariña Oriental cara a Occidental, o Celeiro vén de renovar a Tátiko, a David Balsa e a Sousa.

Muiña volve á Preferente da man do Castro.

Na Terra Chá, o Castro buscará a permanencia na Preferente Norte apoiándose na solidez defensiva. Diego Muiña renova como unha das pezas chave da defensa de Rafa Casanova para a 23/24. O central lucense foi todo un seguro no ascenso dos de Ribeiras de Lea.

Xa na zona sur, o Quiroga quere consolidarse na Segunda Galicia, para o que renova a Javi Coba, un xogador máis que contrastado na comarca. Pola súa banda, o Río Sil asinou ao lateral zurdo Omar, que se suma aos fichaxes que chegaron desde a base do Monforte CF.



Tátiko renova no Celeiro.

Diario dun mercado. Episodio 365

Diario dun mercado. Episodio 364

Diario dun mercado. Episodio 365

Diario dun mercado. Episodio 366

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *