Que sería dun verán sen o Fútbol Burbulla? Os nosos amigos do CERCUD Baamonde organizan unha nova edición, a sexta, dun dos clásicos da nosa provincia.
O sábado 6 de agosto, na Praia Fluvial de Baamonde, terá lugar o VI Torneo 3×3 desta modalidade do Fútbol Burbulla, que foi un dos grandes atractivos do último All Star Futbolinlugo en Carballedo.
Unha experiencia total na que ademais de xogar co balón nun entorno idílico, a medalla e a comida está garantizada. O prezo de inscrición (45€ por equipo, obviamente todos de 3 persoas) inclúe empanada, bola de liscos e mesmo churrasco.

Logo xa os trofeos serán para os tres primeiros clasificados. Bule e fai o teu equipo: masculino, feminino ou mixto. Pero o caso é ir e vivir unha xornada para o recordo!