#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 230

Diego Rey

As renovacións seguen acaparando o protagonismo nesta nova edición do Diario dun Mercado.

O lucense Pedro Delgado asinou a súa renovación co Arzúa. Será o único lucense no «queixo mecánico», logo das saídas de Brais Prieto, que xogará no Viveiro, e de Álex Vázquez, novo lateral da UD Ourense. O fisterrán Martín Traba, cun extenso currículum na nosa provincia (Lemos, Ribadeo, Sarriana) é novo xogador do CD As Pontes.

O Santaballés anunciou tres renovacións máis. Os mediocentros Martín, que cumprirá a oitava temporada no cadro chairego e Óscar que xogará por terceira campaña na Liga, así como o lateral Rubén, estarán ás ordes de Juan Rodríguez loitando pola permanencia en Preferente.

Tamén renova o compromiso co San Lázaro o seu adestrador Diego Rey. O lucense cumprirá a súa terceira temporada no banquiño do cadro lucense e foi quen de acadar o ascenso a Primeira Autonómica, categoría na que militará a próxima campaña. Como axudante continuará Óscar García, que fará tamén as funcións de delegado.



As fichaxes chegan da man do Sporting Pontenova. O conxunto dirixido por Andrés Bouza fichou ao mediocentro Juan Álvarez, procedente do Atlético Lugones e formado nas categorías inferiores do Covadonga. Xogará tamén na Mina un vello coñecido da afección pontenovesa: Bruno Bouza. O defensor descolgou as botas logo dun periodo de inactividade.

A SD Chantada anunciou as renovacións de Yaiza, Laura, Andrea e Ana de cara a nova temporada. O Ribadeo FC vén de anunciar o Enma Cuervo de fútbol feminino que disputarán no Pepe Barrera o Athletic Club de Bilbao e o Real Oviedo. Será o vindeiro sábado 14 de agosto ás 17:30 horas. Un encontro do máis alto nivel na nosa provincia.

No fútbol base, Juan Gómez seguirá un ano máis como coordinador da Piringalla.



Diario dun mercado. Episodio 230

Diario dun mercado. Episodio 229

Diario dun mercado. Episodio 230

Os derbis da Terceira xogaranse en decembro

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *