Diario dun mercado. Episodio 217

Moitos movementos na Mariña, en Preferente e Primeira

Pasou pouco máis de medio día e aquí estamos de volta. Comezamos pola Preferente, onde onte coñecemos a renovación de Javi Carnero coa Sarriana. Así como a fichaxe de Santi Vázquez pola Residencia. O centrocampista chega desde o Ribadeo. E outro que renova é o porteiro Alonso no Foz. Un Foz no que seguirá unha das grandes incógnitas deste verán: Diego Chao. O extremo, unha das figuras máis notables da última Preferente, xa se despediu do Burela para continuar un ano máis de branquivermello.

Un Burela no que a rei morto, rei posto. Os de Luchi mantéñense moi activos no mercado. Veñen de incorporar ao prometedor Xoel Eijo. O centrocampista mariñán vén de conquerir o ascenso de categoría coa SD Compostela xuvenil. Sen movernos da Primeira, Fran Veiga non adestrará ao Pastoricense esta temporada por motivos persoais.

Por último, un apunte dun dos nosos na Terceira División. Alberto Suárez renova no Choco. Xogará a súa sétima tempada no conxunto de Redondela. E na Segunda Galicia, Alex continuará unha campaña máis como o gardián da meta do Becerreá.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.