Diario dun mercado. Episodio 218

Novidades en case tódolos conxuntos lucenses da Preferente

O mercado non para no fin de semana e seguen a producirse movimentos de norte a sur da nosa provincia.

Comezamos fóra das nosas fronteiras, pero cun monfortino como protagonista. O gardameta Álex López xogará en Terceira nas filas do Sofán, conxunto no que xa militou as dúas últimas temporadas. Tamén seguirá exhibindo a súa calidade fóra da provincia o viveirense Alfredo Navarro «Fidi«, que xogará no Galicia Mugardos, un dos conxuntos punteiros da Preferente.

Quen retorna ao fútbol lucense é Pablo Rivas «Prosi«, que vestirá a camiseta do Ribadeo. O zagueiro cumprirá a súa segunda eta co cadro mariñán logo do seu paso polo Laracha e o San Tirso. No Lemos xogará Álvaro, un reforzo de nivel para os monfortinos logo da súa boa temporada na Residencia.  O Atlético Escairón segue sumando efectivos. O ourensán Meji chega ao conxunto dirixido por Julio Corral para apuntalar a defensa. Javier Arias tamén renovou o seu compromiso cos do Saviñao. O Santaballés voltará a contar con Vérez, logo da súa ausencia na temporada que vén de rematar. Un ex do cadro chairego, Julio Camba, apunta a novo reforzo da Sarriana, malia que a súa fichaxe non está confirmada.

 

O Castro é un dos conxuntos de Primeira Autonómica que máis rápido se está a mover no mercado. Nico Edrosa, Adrián e Yoel confirmaron a súa continuidade no Arturo Pereiro, onde tamén disputará este ano os seus encontros o conxunto filial que verá a luz nesta vindeira temporada. A SD Burela confirmou a continuidade de Ismael. O xogador viveirense asinara a pasada temporada e aínda non puido debutar ás ordes de Luchi. Logo da saída de Alberto López do banquiño do Pol, Manuel Mourelos perfílase como o seu sustituto, quedando así só Pastoricense e Monterroso por confirmar os seus adestradores de cara a nova campaña.

O Corgo terá novo adestrador. Logo de anunciar a incorporación Suso Vázquez para a temporada que finalmente non se puido disputar por mor da pandemia, este non dirixirá ao equipo. O seu sitio ocuparao Seoane.  O Becerreá anunciou a renovacións de Gabi, Erik, Marco, Rubianes, Miguel, José Lexo, Cantiz, Jesú, Rubén, Borja, Héctor, Xairo, Riomao, Diego e Santín, que se unen á xa anunciada do gardameta Álex. No Chantada B continuarán Raúl, Antón, Pichu, Martín e Peón, mentras que no conxunto feminino voltará a contar con Iria, que retorna ao Sangoñedo logo dunha temporada no CD Lugo. O Monterroso B xa ten novo adestrador. Será Pablo José «San Cristóbal» antigo capitán da SD Monterroso.

O Carballedo anunciou a renovación de Verónica e María Jesús, que xogarán unha temporada máis no conxunto presidido por Adrián Rodríguez.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 425

Deja un comentario