Pese á incertidume que rodea o inicio de temporada e o transcurso da campaña 2020/2021 por mor da complicada situación que estamos a vivir, os clubes de toda a provincia traballan arreo para configurar cadros de xogadores competitivos de cara a este ano deportivo.
É o caso do Racing Villalbés, que se prepara para competir no hipotético Grupo 1 da Terceira División Galega e que vén de asinar ao central Bruno Caballero, con pasado no clube chairego e que procede do Águilas FC. Tamén na Terceira competirá -a priori- outro chairego, pois Diego Villares foi chamado por Juan Carlos Valerón para incoporarse á pretemporada do Fabril, agora mesmo paralizada por un caso positivo da Covid-19 no filial deportivista.
Na Primeira Galicia, o «Atleti» Lourenzá anunciou a incorporación do gardamallas Clemente, formado nas categorías inferiores do Racing Villalbés e parte do primeiro equipo roxiverde a pasada campaña. Clemente xogará con vellos coñecidos da canteira da Madalena, como Paulo e Jose, xa renovados polo conxunto da Faba Brava. Máis ao norte, o Alfoz afronta a nova aventura na Primeira con renovacións importantes, como a de Chinclavo.
Por último, na Terceira Galicia, tamén un clube da Mariña é protagonista, o Celeiro Club del Mar, que incorpora ás súas filas ao extremo Alexis (CD Alfoz), Bruno (Viveiro CF xuvenil), ao atacante Álvaro (base CD San Ciprián), ao medio Vilariño (base CD San Ciprián) e ao centrocampista Óscar Fraga (base Ural CF), ademáis de renovar ao adestrador, Martín Rodríguez.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
carlos
16th Ago 2020outro lucense que sigue na terceira e ross que deixa o arenteiro polo arosa