#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 108

O mercado non para. Clubes e xogadores son conscientes do preto que se atopa o comezo da vindeira campaña, e queren pechar os acordos o antes posible, para crear expectativas e obxectivos tanto no persoal como a nivel de conxunto.

Así, comezamos falando da Terceira División. Nela, a maioría son despedidas: Duarte, Santi Taboada, Javi Ballesteros e Juan de Dora deixan o Racing Villalbés, mentres que Fernando Cuadrado «Cuadretti», Javi Rey e Javi Liz abandonan o Polvorín, filial do CD Lugo. Porén, á Terceira semella que contará con Alberto López, xa que todo apunta que será o novo adestrador do Arzúa tras deixar a Sarriana. 

Na Preferente, os irmáns Xaime e Tichu renovaron no Viveiro, e a eles sumouse Iván. Por outra banda, a Residencia encara a nova campaña con dous gardamallas, Diego Bravos e Dani Pérez, que chega á Cheda desde o CD Corgo. Volvendo á Mariña, o adestrador Jesús Gayol continuará en Foz.

Cambiando agora á Primeira Galicia, destacan de igual modo as renovacións: Sergio e Mirás na SD Chantada; Claudemir, Dani Cao, Pedro e Uru na SD Burela; Adrián Cadenas, Joel Folgueira e Sergio «Pete» no CD Castro, que tratará de regresar á Preferente. Outro equipo novo na categoría é o Lourenzá, que fixo oficiais as fichaxes de Iago Cruña (categorías inferiores do Viveiro), Álex (Iberia) e Jose (Mondoñedo).



Na Segunda, Rodrigo Amarente seguirá como adestrador da SD Chantada «B», e Jesu, Lexo e Álex López continuarán xogando na SD Becerreá, o que convalidarán dirixindo a equipos de fútbol base do clube. Na Terceira Galicia, Yoel -que sae do xuvenil do EF Polvorín- será o novo porteiro do Sporting Lucense, e Dani López, Daniño e Ángelo Cipri incorpóranse ás filas do Rubián. Tamén hai novedades nos banquiños, xa que Nico Longhini adestrará ao Fonsagrada,e Senén ao Rubián.

Por último, en canto ao fútbol feminino, Crespo renova como adestrador do Carballedo CF. A el se suman as xogadoras María Varela, Alba Lobelle e Noe Mazaira!



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *