O mercado mantén a Michi no Abadín

Diario dun Mercado. Episodio 517

O Diario dun Mercado segue a dar moitas novidades de cara á confección dos cadros de xogadores de todos os equipos lucenses. Moitos queren ser candidatos a poder promocionar unha categoría máis, e así o demostran os seus movementos. Tamén hai continuidades que aportan gran valor, pero algunha marcha tamén se deu de aquelas que parten o corazón aos afeccionados dos seus equipos

Villalbés e Sarriana, protagonistas do mercado

O Racing Villalbés segue encabezando o número de movementos da Terceira RFEF e, neste mercado tan movido, pescaron no talento que leva anos na provincia. A fichaxe de Lansade desde o Viveiro é un exemplo do talento que están a traer, pero tamén miraron fóra dos nosos marcos coa chegada Marcos Aller desde o Atlético Arteixo. Ademais, a Sarriana fixo oficial a chegada de Osián desde a UD Ourense despois de conseguir levar aos ourensáns desde a Preferente ata a Primeira RFEF.

Na Preferente, a risa vai por barrios neste mercado. O Lemos conseguiu manter a pezas importantes do seu proxecto como Borja Castro, Sergio Seijas e Brais Pardo, que tiveron un papel importante na promoción. No Pol, en cambio, as noticias non son tan boas, xa que Iago Buján marcha para ir ao Arzúa, que regresa nesta tempada á categoría.

A Primeira Futgal segue movendo a mazaira

O mercado tamén deixa renovacións importantes na Primeira Futgal. No Taboada permanecerán Guerreiro, Martun, Fran e Cristian, mentres que no Ribadeo fan o mesmo Cube e Diego Ferreiro. O Santaballés tamén se une ao carro das contiinuidades con Losi, que cumprirá a súa segunda temporada no conxunto chairego. Pero non hai boas noticias en Guntín, xa que o seu capitán, Tomás, deixa o club despois de oito tempadas.

Na Segunda Futgal, o Abadín mantén ao lider do proxecto no seu banco. Despois de ascender na pasada tempada, Michi continuará no banco para liderar ao cadro. Noutro ascendido como a Piringalla seguirán Ángel Villamor, Adrián Flores e Nico Corredoira. O Diario dun Mercado pechao a Terceira Futgal co Muimenta, que conseguiu a renovación de Richi de cara á vindeira tempada.

Diario dun Mercado. Episodio 517

A camiseta do All Star pode ser

Diario dun Mercado. Episodio 517

Diario dun Mercado. Episodio 517