Diario dun Mercado. Episodio 516
-
Eros López | 01/07/2026
- 0
- 2min de lectura
O Diario dun Mercado trae cada vez máis xogadores que atopan os seus destinos e equipos que definen o que vai ser o seu proxecto de cara a próxima tempada.
Na Terceira hai dúas novidades importantes. Unha é para a Sarriana, que leva a unha figura tan importante para o Lemos na pasada campaña como foi o seu central Emmanuel. No canto do Racing Villalbés, o mercado segue poñendo as bases dun proxecto que pode dar moito que falar coa incorporación para a fase ofensiva de Raúl Melo.
Pola súa parte, na Preferente o mercado só deixa dúas novidades. Jairo López, despois dunha tempada moi positiva na categoría, renova por unha tempada máis co Burela. Tamén hai unha marcha no Lemos, xa que o máximo goleador do grupo Sur, Fito Periale, marcha do conxunto monfortino.
A Primeira Futgal continúa a ser a categoría que máis axita o mercado. O Atlético Escairón mantén tanto a Antonio como a Rodri, mentres que ficha a Dani Díaz para a súa portería desde o Brollón e ao extremo do Lemos B Germán. O Outeiro de Rei seguirá contando con Javi Saavedra e o Brollón firma a Sergio e Leo e renovan a Meda e Jordi. Na Mariña tamén hai renovacións. En Foz quedan Sevi, Carlos, Aarón, Luis e Santi, mentres que no Ribadeo fan o mesmo Nico e Roi Nonide.

Na Segunda Futgal, o Pastoricense xa ten un novo técnico para ocupar o seu banco. Atopouno na figura de Isaac Rouco, que comandará o novo proxecto dos da Pastoriza. A Piringalla quere manter o seu núcleo, xa que renovan a Miguel Seoane, Rubén Rodríguez, Adri Vázquez, Litos, Juan Vidal e Brais Nogueira. Ademais, soben desde o xuvenil Mario Rodríguez, Huguito e Álex Abelaira. Por último, Javier López firma no Paradela procedente do Rubián
O mercado por hoxe conclúe na Terceira Futgal coa fichaxe de Castro como adestrador do Páramo e coas continuidades en Muimenta de Matías e Jesús