Diario dun Mercado. Episodio 515
-
Eros López | 30/06/2026
- 0
- 3min de lectura
O Diario dun Mercado chega cargado de novidades en todas as categorías. Os equipos rematan o mes de xuño amosando moita alegría con renovacións, fichaxes e marchas que non deixan indiferente a ninguén. Todo un espectáculo ao que aínda lle quedan meses de diversión ata que chegue o momento de que o balón volte a rodar polos campos lucenses arredor do mes de setembro.
Nesta edición o mercado bota a andar desde a Preferente. A primeira chega en Monforte, onde Pablo Losada continuará a ser o gran líder do Lemos na nova aventura que comandará Alberto López e que terá como obxectivo o regreso á Terceira RFEF. De figuras importantes na historia dos clubes vai o xogo, xa que o presidente Jairo Campo seguirá sendo a punta de lanza un ano máis do Burela.
O mercado da Primeira Futgal está a ser unha cousa moi diferente ao resto. O Atlético Escairón renovou tanto a Julito como a Arca e fíxose con Osky, pero tamén pescou, e moito, no Brollón. Castañer, Smaily e Isma chegan para fortalecer ao cadro de Óscar Moure. Pola súa parte, o Brollón xa ten relevo para Chura na figura de Diego Rey. Outro equipo que se moveu moito foi o Ribadeo, que pecha a súa portería coa renovación de Iñaki e a fichaxe de Íker desde o Iberia.
No resto da competición pasaron unha multitude de movementos diferentes. O Santaballés vivirá este curso o regreso de David despois doseu paso polo As Pontes, mentres que o Foz renova a Antón, Miguelailo, Hugo e Asier. O Lourenzá vai a polo atacante do Real Tapia Matelo, que xa estivo no Sporting Pontenova e o Ribadeo. O Racing Villalbés remata cos movementos ata o momento na categoría despois de firmar a renovación de Pedro Roca e Alberto

Tamén hai moitas cousas na Segunda Futgal, onde Brian Lorenzo firma no Paradela despois de militar no Rubián. No canto das renovacións, Brais Pin segue no Meira, Cristóbal, Corrales e Reija na Piringalla e o histórico Manel aos seus 52 anos farao no Goiriz. Por último, na Terceira Futgal hai só unha cousa do mercado, xa que Jacobo Vázquez permanecerá un ano máis no banco do Taboada B.