Diario dun Mercado. Episodio 514
-
Eros López | 29/06/2026
- 0
- 2min de lectura
Despois dun All-Star Futbolinlugo que deixou moitas emocións, chega unha nova edición do Diario dun Mercado que comeza cunha desas noticias que nunca queremos contar. O Bóveda non sairá a competir na vindeira tempada. O club fíxoo oficial nas súas redes sociais ao longo desta fin de semana alegando problemas financieiros. Como eles mesmos dixeron no seu comunicado, «cando desaparece un equipo o fútbol rexional perde».
O Racing Villalbés é un dos grandes protagonistas do inicio do mercado e faino con varios movementos. Os dous primeiros son de marchas, xa que Anthony e Javi Rey causan baixa no conxunto chairego. Pero completan un regreso á provincia dun xogador que levou o concurso da potencia de tiro da Vicepresidencia da Deputación de Lugo no All-Star. Brais Prieto xogará na Magdalena a vindeira tempada. Ademais, continúa a dupla con Martín que xa leva dous ascensos consecutivos xuntos.
Na Preferente tamén hai boas novas. Neste caso é na Mariña, xa que o Burela consigue dúas renovacións moi importantes. Blindan a Diego Chao, que ao longo da tempada amosou o por que é un dos principais referentes na parte ofensiva. Tamén continúa o seu porteiro, Kiko, que seguirá sendo o anxo da garda dos da Marosa.
Na Primeira Futgal pasaron cousas que activaron mercados, como foi o caso do Chantada Atlético. César, Dani Delgado, Iago Otero, Pablito, Anxo Pérez, Cañón, Anxo Otero e Congui seguirán portando a albivermella. Tamén manterán como o seu líder no banco a Ivi Casillas. Na zona alta da táboa da pasada campaña seguen as novidades. Alonso regresa á Residencia varios anos despois, o último en Castro, e Castrín, Simón, Mario e Bruno renovan co Ribadeo. No recién ascendido Lemos B continúa Jessy.

O último punto desta edición do Diario dun Mercado chega desde o Cazás. Ángel Pena será o seu novo adestrador despois do seu paso polo Roupar e tras rematar a tempada no Matela. A resaca do All-Star xa está pasando e o mercado quere acelerar o seu ritmo para que o vindeiro curso chegue cargado de emocións.