Conferencia Cris Oreiro: “Modelo de xogo dende o filial ao primeiro equipo”

O fútbol feminino tivo unha representante inmellorable nos nosos relatorios

Cris Oreiro foi a gran abandeirada do fútbol feminino nas I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita. A afamada exxogadora do RC Deportivo e PM Friol, agora adestradora do Victoria, mostrou a súa rigurosa metodoloxía de traballo no conxunto da provincia da Coruña. A preparadora  titulou a súa ponencia como: “Modelo de xogo dende o filial ao primeiro equipo”.

“Non sempre hai que correr, non hai que correr en x situacións. Por exemplo, cun 1-0 a favor no min. 80”

Oreiro agasallounos cun relatorio moi dinámico, cheo de exemplos gráficos e situacións de partidos. No que foi evidenciado a melloría das súas xogadoras. Así como a transición realizada no paso do filial ao primeiro equipo, ao cal dirixe na actualidade de xeito exitoso.

“Non tódolos contextos de xogo son iguais. Conseguir que entendan cando deben facer algo ou non, é o máis difícil”

As conferencias desenvolvéronse o 14 de novembro no Salón de Conferencias no Concello de Burela. A asistencia estivo moi limitada por mor das restricións sanitarias da Covid 19. Non obstante, o evento puido seguirse en directo vía streaming. Ademais as ponencias quedaron gravadas e poderán ser visualizadas na canle de Youtube de Futbolinlugo. Nos vindeiros días seguiremos incorporando ao resto das charlas.

Trátase dun Congreso feito en colaboración co Concello de Burela. Pretendemos manter o espírito do fútbol nunha época complicada. Así como reivindicar o talento dos adestrador@s lucenses e galegos. A nosa idea é a de seguir medrando e poder continuar facendo comunidade a prol do noso fútbol.

Esta aposta, súmase a outros eventos e accións promovidas por Futbolinlugo máis aló da nosa web. A primeira iniciativa foi a publicación da Guía ‘Fútbol en Lugo’ en colaboración con El Progreso. Publicouse en dúas ocasións. Nesta tempada non se realizou xa que o inicio das competicións foi suspendido.  O segundo evento ao grande desta comunidade foi o I All Star Futbolinlugo. Fíxose ao final da temporada 2019/2020. A gran festa do fútbol lucense tampouco puido levarse a cabo neste ano. Pero tentaremos consolidar o proxecto en futuras edicións. A nosa entidade tamén organiza o ‘Ránking Futbolinlugo’, unha competición de pádel en colaboración con Lucus Pádel. Esta cita segue en marcha nestes tempos pandémicos. A segunda edición xa está dando que falar.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario