O Sporting Lucense, equipo que estará na promoción de ascenso

Chega a hora da promoción

O momento da promoción de ascenso na Terceira Futgal chega este fin de semana cos oito equipos preparados para intentar conseguir a súa plaza na Segunda Futgal da vindeira tempada. Ambos grupos están listos para unhas semifinais a doble partido na que a ida disputarase este fin de semana e a volta a semana que ven, tendo o mellor clasificado a vantaxe de xogar o segundo encontro da eliminatoria na súa casa. En caso de empate haberá prórroga e tanda de penaltis.

Unha promoción de revelacións

O Grupo Norte terá unhas eliminatorias marcadas polas sorpresas que se deron na competición. A máis destacable é a de un Cazás que está a completar a mellor tempada da súa historia, pero que queren redondear co seu primeiro ascenso. Non o van ter doado, xa que na primeira eliminatoria enfrontaranse a un Abadín que xa lles venceu na penúltima xornada, o que fixo que o Castroverde ascendese matemáticamente.

A outra eliminatoria promete tamén unha gran igualdade. O Matela recibirá na ida ao Rioaveso Machinango nunha eliminatoria na que a orde dos encontros decidiuse por só un punto na clasificación da liga regular. O Rioaveso conseguiu gañar un dos encontros ante o Matela, pero o último precedente foi tamén na penúltima xornada e pechouse cun empate por 1-1 que fai que a eliminatoria pareza que vaia dar emocións fortes ata o final.

Un sur de filiais e competidores do ascenso directo

O Grupo Sur ten dúas realidades moi diferentes no playoff. Dous dos equipos disputaron o ascenso directo ate a última xornada, mentres que os outros dous son filiais que certificaron o seu posto na promoción no final da tempada. O primeiro encontro enfrontará ao Sporting Lucense coa Sarriana B. As dúas veces que xogaron ambos equipos o resultado foi o mesmo, un 2-1 favorable para o conxunto lucense, pero no playoff nada se pode dar por asegurado.



No outro encontro da promoción de ascenso do sur de Lugo, o Corgo, cuarto clasificado, enfrontarase ao Taboada B. A xeira de ambos é completamente oposta. Mentres que o Corgo leva seis encontros sen perder, o Taboada B leva unha vitoria en cinco encontros. Iso sí, no último precedente foron os quintos quen conseguiron a vitoria por 3-0, o que deixa todo aberto para unha eliminatoria que promete moitas emocións.

Chega a hora da promoción

O Foz para a súa xeira en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *