Deporte rei sí, pero… por qué non aprender do rugbi? A nova de que un árbitro suspendera un partido no grupo balear da Terceira División porque lle chamaran “tonto” e “gilipollas” ata en tres ocasións, segundo él mesmo afirmou, foi protagonista a pasada fin de semana. Algúns diarios deportivos de calado nacional, para o meu […]
Hai menos dun mes que o Castroverde firmaba o ascenso á Segunda Galicia. Non era a primeira vez que o facían. Xa dicía Barceló, non o confundan co do ron, que «a Historia é un ciclo continuo, sen cortes, no que algúns dos seus parámetros fundamentais se repiten». E diso damos fé na nosa hemeroteca. […]
Subir de categoría non era o obxectivo marcado cando o Sporting Pontenova planificou esta temporada, ou polo menos así o afirma o seu adestrador, Dani Moirón. O certo é que, con propósito ou sen el, o conxunto da Mina foi o rival a batir na Segunda Galicia grupo norte. Nunha categoría marcada pola igualdade nos postos altos, o […]
A promoción de ascenso na Terceira Galicia tanto norte como sur está marcada pola igualdade das eliminatorias. No grupo norte, Goiriz e Matela, dúas parroquias dos concellos de Vilalba e Outeiro de Rei, respectivamente, desputarán a final por ascender. No sur, a ida das semifinais non deixou nada claro e todo se resolverá na volta. […]
A ledicia, as frustracións vividas con paixón e os recordos marcan hoxe a actividade que destacamos das redes sociais dos últimos días. O primeiro destacado é unha publicación en Facebook dun novo equipo da Primeira Galicia, o Sporting Pontenova que cunha imaxe reflicte o sentir e a ilusión que había polo campo da Mina. https://www.facebook.com/sporting.pontenova.9/posts/1293796590711732:0 […]
O fútbol mariñán está a vivir un gran momento. Especialmente grazas ao renacer de dous equipos. O San Ciprián volveu gañar unha semana máis e segue coa súa gran segunda volta. Desta vez, asaltaron nin máis nin menos que O Acebreiro. Así que merecían estar por partida dobre no noso once. Madariaga, por unha grandísima […]
A xornada 27 da Segunda Galicia grupo sur tivo un gran enfrontamento na parte alta coa vitoria do SDC San Roque sobre o Palas. Non obstante houbo outro partido que ten pendente agora a, cando menos, cinco equipos. No campo do Poste enfrontábanse o Rubián (xogándose a salvación) e o Sober (xa descendido). Sobrepasaba o […]
Pouco a pouco imos chegando o remate da temporada e comézanse a marcar os obxectivos de cara as últimas xornadas de competición. Esta pasada fin de semana deixou claro que a provincia de Lugo vai ter un equipo, o Lugo B, loitando ata o final por conseguir o ascenso á Terceira División. E tamén que […]
Corría o 5 de novembro do 2016 e o Portomarín estaba situado na oitava posición con catorce puntos. Por aquel entón, na Terceira Galicia grupo sur Castroverde e Monterroso B xa comandaban a clasificación e prevíase que fosen os rivais a batir ao longo de toda a temporada. Ese mesmo 5 de novembro foi o primeiro partido oficial […]
Unha vez estiven triste porque o Barça da época dos holandeses non facía máis que perder. Outra vez estiven triste porque cando me fixen do Real Madrid, o «Madrid dos galácticos«, non facía máis que perder. Cando perdían estaba triste e cando ganaban non era tan feliz. Até que un día, logo de sufrir por […]
Hoxe viaxamos uns anos atrás. Campo Luis López Gorgoso da Frigsa. Alí dispútase un dos múltiples encontros de Fútbol-7 (agora Fútbol-8). O nome dos equipos é o de menos. Neste caso, son a Milagrosa e o Escuelas Lucenses (Lugo). O realmente importante é o esforzo que fan estos rapaces. O de madrugar despois de facelo […]
Remata o terceiro mes do ano e con el tamén a fase regular da Terceira Galicia. Esta competición deixounos o ascenso do Castroverde e tamén do Portomarín na última xornada que ten protagonismo hoxe nas nosas notas. Monterroso B – Quiroga e Incio – Río Sil son as eliminatorias a dobre partido do play-off de ascenso. […]
Desde onte, coñecemos aos rapaces de menos de 12 anos que foron convocados para adestrar coa selección lucense.
Hoxe falamos con Marta López Sánchez, unha cativa nada no ano 2001, que xoga na SDC Milagrosa feminino sénior e xa conta con varias convocatorias coa selección galega da súa idade. Velaquí a pequena entrevista!
Este mércores contamos con auténticas perlas na sección, poñendo de manifesto a ledicia que provoca un ascenso, o ben que o pasan os cativos do Becerreá, e que as grandes historias de vídeos motivadores non só se atopan nas elites do deporte rei.
A Residencia xa é novo equipo da Preferente Galicia. Os de Álvaro Meilán non fallaron a primeira bóla de partido e firmaron o ascenso na Medela. Róber, mítico lateral convertido a dianteiro nesta vez, fixo o primeiro. Dieguito desatou a festa ca sentenza no minuto 90. Hai unhas xornadas o Outeiro semellaba o claro acompañante […]
Cambiou a hora e co horario de verán algúns «chegaron tarde» os seus partidos. Volveu ser esta unha xornada de derbis lucenses na Preferente Norte, en concreto dous, dos que Viveiro e Sarriana saíron triunfadores. Producíronse triunfos importantes tamén na parte alta e os xogadores deses equipos teñen, como non, salientable presenza no noso once. Na […]
Montirón está a vivir semanas moi complicadas. En pouco máis dun mes varios dos seus banquiños sufriron considerables modificacións. E todos eles da EF Polvorín. O primeiro en marchar foi Óscar Astariz. O antigo técnico dos alevíns deixou o clube despois dunha década de dedicación ao mesmo. Motivos persoais e a perda de ‘feeling’ coa actual […]
Era solo cuestión de tempo. Semanas, días, horas… A todos esta Residencia nos cheiraba a Preferente. Incluso antes de comezar a tempada. Nese momento en que colles plantel por plantel. E observas a superioridade dos xogadores blanquiazuis. Un conxunto que conservaba o bloque que os mantivo varios anos na Preferente. Esa categoría á que regresan […]