Palabra de… Andrés Rodríguez: Dulce reconversión forzosa

Becerreá. Setembro de 2014. SD Becerreá – ADC Sagrado Corazón, partido en Primeira Autonómica. O día que me cambiou a vida falando a nivel futbolístico. Adiantámonos 0-1 cun gol meu. Recórdoo coma se fose hoxe mesmo… Uns minutos máis tarde, o que xa viña barruntando varios meses antes. Unha serie de dores agudas na zona […]

Historia e fútbol polas catro roldas da parroquia

Din que no fútbol un dos mellores xeitos de medrar como club é traballando a canteira. Algúns fanlle caso a esta premisa; outros, sobre todo cando hai carto polo medio, téñena como un pensamento secundario. Pero sen dúbida, algo está claro, poucos poden presumir de traballar a canteira tan ben como na parroquia vilalbesa de […]

Qué ver esta fin de semana? (7-8 outubro)

A falta dun, temos dous. O sábado abriremos o turno dos derbis de Preferente cun Ribadeo-Polvorín. O domingo será o día do Viveiro-Residencia. Volvendo á tarde do sábado, contamos tamén cun espectacular derbi chairego na Terceira Galicia entre o Rioaveso e o Goiriz. Ademais, a nosa recomendación de base para esta fin de semana. Duelo […]

III Marosa Cup en Burela

Hai uns días presentouse a terceira edición da Marosa Cup, torneo que ano tras ano gaña peso e importancia entre os torneos de base galegos.

Os sobranceiros da Terceira Galicia na cuarta xornada

Accaba de principiar outubro, pero a Terceira Galicia xa leva disputado un cuarto de liga da primeira fase que rematará antes de cambiar de ano. Tres equipos lideran en solitario cadanseu grupo nestes momentos. O Cervo recuperou o liderato no norte, o Corgo no centro despois de descansar na terceira xornada e o Sober no […]

Os onces da cuarta xornada na Segunda

Despois de catro xornadas na Segunda Galicia, dous dos representantes da comarca da Terra Chá dominan no grupo norte co liderato compartido entre o Guitiriz e o Cospeito, mentras que no sur o Chantada B comanda en solitario a clasificación.  No grupo norte, un gran número de goleadores luciuse nesta xornada, pero tamén destaca a […]

Destacados Primeira. Xornada 5

O Páramo asaltou Cerdeiriños e firmou a súa primeira victoria da tempada, con remontada incluída. O Santaballés goleou ao Bóveda e o Xove Lago fixo o propio co Xermade. Máis sufrido foi o triunfo dun Foz, que desperdiciou boas ocasións e rematou pedindo a hora ante o Pastoricense. A domicilio gañaron o lider San Roque […]

As nosas redes falan!

Un luns máis, chega o momento de facer balance da xornada, corrixir erros e comezar a pensar no seguinte partido. Pero o que é máis importante, chega a vosa sección, os destacados das redes!

Trío de Ases Terceira (Xornada 7) e Preferente (Xornada 6)

O derbi da Preferente tivo un claro dominador: o Polvorín, que xa deixou o encontro sentenciado antes do descanso. Os de José Durán demostraron ante o Viveiro a súa candidatura ao ascenso. Jhon Cuadretti volveu marcar dous tantos. O outro equipo lucense que gañou foi o Ribadeo, no feudo do Estudiantil. Remontada incluída nos últimos […]

Palabra de… Jorge Méndez: «A nosa historia»

“Miras o reloxo. Xa son as 14:30h. Tes que marchar. Corenta e cinco minutos ata o campo, comeza o encontro ás 16:15. Estás a comer coa familia, o ambiente é moi bo e distendido, e ti levántaste da mesa. Sábelo dende o mércores, hai que asubiar…» “Prepáraste para o ambiente, para ser quen de dirixir un encontro baixo […]

En marcha a Segunda feminina con representación lucense

Chegou o outono e, con el, inícianse as competicións que faltaban por comezar nesta temporada. A Segunda División feminina bota andar nos grupos 1 e 2, despois de varios problemas para a confección dos grupos, mentras que o grupo 3 (equipos de Pontevedra) xa van pola quinta xornada. Este curso a provincia de Lugo estará […]

Qué ver esta fin de semana? (30 setembro-1 outubro)

Plato único para este sábado. Eliximos un dos grandes enfrontamentos entre chairegos na Terceira Galicia: Catro Roldas-Goiriz. O domingo xa vén o groso do noso menú. Pola mañá, almorzamos con contundencia. Abrimos boca cun encontro da Liga Galega infantil entre dous conxuntos que só saben gañar: CD Lugo-Deportivo. Movémonos escasos kilómetros para vislumbrar acto seguido […]

Mario González, o regreso do gardián do Meira

Din que sarna con gusto non pica. Quizais iso é o que lle pasou a Mario González (Pol, 1978). Varias campañas despois da súa ‘retirada’, o pasado domingo púxose de novo as luvas. Para vestirse unha vez máis de gardamallas coa camisola do Meira. Nada novo para él. Non hai mellor proba que a súa […]

VII Torneo de Alevíns e Benxamíns da SD Becerreá

A pasada fin de semana tivo lugar en Becerreá un dos torneos clásicos da pretemporada. Como antesala ás ligas provinciais de Fútbol-8, celebrouse o VII Torneo de Alevíns e Benxamíns, organizado pola SD Becerreá. O Concello de Becerreá foi un dos patrocinadores, mellorando así os servizos ofrecidos no Municipal.

Os sobranceiros da Terceira Galicia na terceira xornada

En cada grupo da Terceira dous equipos empatados a puntos lideran a clasificación. No norte, o Goiriz e Cervo teñen seis puntos; os mesmos cá Comercial e o Corgo no centro (estes dous conxuntos xa descansaron o seu respectivo partido da primeira volta); e no sur Quiroga e Sober mantéñense invictos con sete puntos. Esta […]

Os onces da terceira xornada na Segunda

igualdade impera á fronte da clasificación na Segunda Galicia, tanto no grupo norte como no grupo sur. Catro equipos, que se manteñen invictos, encabezan a táboa nos dous grupos, quedando no posto primeiro por diferenza de goles o Cabreiros e o Chantada Atlético. No grupo norte, Cabreiros, Guitiriz, Pol e Cospeito seguen contando os seus […]

Destacados Primeira. Xornada 4

A Xornada 4 foi a das primeiras veces. A da primeira derrota do Foz ante un invicto San Roque. A da primeira victoria do Bóveda. Ou a do primeiro gol de Robertito no seu regreso ás Rapadas. O primeiro de moitos, a bon seguro. Tamén foi a de triunfos sufridos. Como o da Sarriana no […]

As nosas redes falan!

Comezadas todas as categorías, excepto o Fútbol-8, todo volve definitivamente á normalidade na nosa provincia. E para empezar ben a semana, a sección na que vós sodes os protagonistas!