As nosas redes falan

O uso das redes sociais aumenta nos equipos de fútbol da provincia. Dous exemplos témolos nos últimos días en dúas contas de twitter. O Abadín estreouse na rede social dos chíos no día do derbi ante o Mondoñedo (0-0) e o Catro Roldas volveu usar a súa conta tamén de twitter despois dun tempo sen […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 5)

Por fin chegou o primeiro triunfo do Polvorín en Terceira División. Houbo que agardar ata a xornada 5, a primeira na que o filial do C.D. Lugo xogou como local malia a facelo en Friol, para sumar tres puntos. Venceu 1-0 ao Porriño Industrial con gol de Antón Escobar no minuto 86. Triunfo moi traballado, […]

Palabra de… Víctor López ‘Vittin’: «Do banquiño…á grada»

Esa foi a miña decisión. “Afastarme” por un tempo dos banquiños. A motivación de dita decisión, ou mellor expresado, a razón á que lle botei a culpa para deixar de adestrar temporalmente foi por seguir a miña formación (cursar o nivel de adestrador nacional Uefa Pro). E digo botarlle a culpa posto que sendo o […]

Xenxo (C.D. Foz): «Volver a Cantarrana será moi especial»

Sete anos despois, Viveiro e Foz voltan a verse as caras en competición oficial na Preferente Norte. Será este domingo ás 18 horas en Cantarrana. Un derbi mariñán que chega logo de que ámbolos conxuntos estrearan a pasada xornada o seu casilleiro de puntos, polo que, o que acade a victoria poderá comezar a mirar […]

Futbolinlugo repasará a actualidade futbolística no Ser Deportivos Lugo

O balón está rodando por case que todos os campos da provincia en cadansúa competición no fútbol afeccionado e dende Futbolinlugo seguimos buscando o noso espazo para entreter e informar do que nos compete. A partir do vindeiro luns iniciamos unha colaboración semanal co programa de deportes da Cadena SER Lugo, Ser Deportivos, dirixido e […]

Os sobranceiros da Terceira na 1ª xornada

Arrincou a Terceira Rexional no formato das anteriores temporadas (dous grupos), pero con cambios no sur marcados pola desaparición de dous equipos. Á xa coñecida marcha do FC Becerreá, uníuselle na última semana a do Laxosa. Sen tempo para modificar o calendario segundo informaron dende a Federación, na Terceira Sur descansarán dous equipos cada fin […]

As guerreiras da fin de semana

Ao igual que o xoves pasado, hoxe é o turno de destacar as nosas mulleres, aquelas que cada fin de semana deixan moi arriba o listón do fútbol feminino lucense.

Os onces da 2ª xornada na Segunda

Na segunda xornada xa hai as primeiras diferenzas entre rivais na categoría. Só cinco equipos nos dous grupos contan os dous partidos por vitorias: Guitriz e Xermade no norte; Portomarín, Ferreira e Palas no sur. Repasamos os protagonistas da segunda fin de semana de fútbol. No grupo norte, o ritmo márcase dende a Terra Chá. […]

Destacados Primeira. Xornada 3

*Burela-Lemos: O cadro de Edu xa é líder en solitario. Gañou nun feudo moi difícil coma A Marosa a un Burela que vendeu moi cara a derrota. O encontro resultou nivelado en todo momento, con ambos equipos buscando as súas opcións dende a posesión da pelota. A calidade do Lemos na definición foi o factor […]

As nosas redes falan

O balón xa roda en todas as categorías do fútbol sénior lucense, despois da pasada fin de semana. Por esa razón, volve tamén unha das nosas sección habituais de cada temporada. Nela, tentamos recoller os mellores momentos de todas as actividades que se deron nas distintas redes sociais nas que Futbolinugo opera: twitter, Facebook e […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 4)

Mala xornada para os nosos representantes na Terceira División. O Racing Villalbés encaixou unha dura goleada no feudo do Choco. Todo elo a pesares do doblete de Santi Taboada. Edrosa, que firmou unha boa actuación, debutou coma titular nos chairegos. No entanto, o Polvorín caeu pola mínima no emblemático Couto. Os de José Durán evidenciaron […]

Palabra de… Rive, Cristian e Brais: «A sorte de compartir»

E tocounos… Que lle vamos facer? Pois contar a nosa experiencia a todos os seguidores deste gran medio que aporta voz ás nosas humildes ligas. Botando un ollo atrás parámonos a pensar en como chegamos a ser amigos tendo tan poucas cousas en común, pero unha delas moi importante. O tempo pasa moi rápido, tanto […]

As imaxes do torneo Lagoa de Valverde (1ª entrega)

A pasada fin de semana o campo da Fonte de Cospeito acolleu a primeira edición do Torneo xuvenil Lagoa de Valverde. O Polvorín foi o campión despois de vencer na final ao Racing Vilalbés (1-0). O cadro da capital de Lugo eliminara ao Burela nas semifinais, mentras que os chairegos derrotaron nas semis 3-0 ao […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Taboada C.F: o derbi en campo neutral

Unha das datas sinaladas en vermello no almanaque dos xogadores e siareiros de Chantada e Taboada é a deste domingo. Enfrontamento directo entre equipos veciños, entre amigos e compañeiros, pero durante os noventa minutos grandes rivais. A cita será ás 17:30 horas deste domingo día 16, pero o encontro non poderá disputarse no Sangoñedo, ao […]