Un novo Paradela regresa á Segunda

Cambio de directiva, novo adestrador e algunha que outra incorporación. Por cambiar ata se renovou o campo e chegaron camisolas novas. Unha temporada de reformas que antes de que remate xa logrou unha obra case perfecta. A SD Paradela leva uns días sabendo que a vindeira temporada xogará na Segunda Rexional. Cinco temporadas despois, o […]

A cor e o corazón celeste volven á Segunda

Un equipo con himno e con sentimento de pertenza, xogue na categoría que xogue, está sempre en Primeira. Non obstante, as circunstancias deportivas non adoitan errar. Podes ter mala sorte, pero sempre te van ir colocando no punto no que mereces estar. Un bo exemplo é o Muimenta. Logo de dous descensos consecutivos dende a […]

Os sobranceiros da Terceira na 21ª xornada

Este domingo semellaba selo día para rompela porta. O camiño cara a Segunda Rexional. O Muimenta, o Alfoz e o Quiroga non desaproveitaron a oportunidade e subiron de categoría na penúltima xornada de liga. Fixérono os tres cun dominador común, na súa casa co apoio dos seus. Non obstante, aínda quedan cousas por decidir na […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Unha semana máis, analizamos todo o que nos deparou a xornada feminina na provincia, sendo unha das máis importantes da campañas, tras a victoria do CD Lugo-PM Friol por 1-3 en Mareo ante o Sporting de Xixón. Cos tres puntos, as da Reigosa son virtualmete posuidoras dun ascenso histórico no noso fútbol, restando tres xornadas […]

O partido en imaxes: Lemos B-Relámpago Taboada (0-2)

O pasado fin de semana xogouse en Monforte de Lemos un partido que enfrontou ao filial do Lemos co Relámpago Taboada, que está a asinar unha gran campaña e que tamén sacou os tres puntos da vila do Cabe, vencendo 0-2.

Os onces da 25ª xornada na Segunda

A cinco xornadas para o final, o Folgueiro, o Lourenzá, o Palas e o San Roque mantéñense nos postos de ascenso directo. No norte continúa na pelexa o Guitiriz e un Roupar que volve colleitar unha boa liña de resultados. No sur, o Oural, o Bóveda ou o Guntín estarán atentos aos posibles fallos dos […]

O partido en imaxes: Alfoz-Celta Barreiros (0-0)

Hoxe, en exclusiva, as imaxes do choque entre o Alfoz e o Celta Barreiros, que rematou co 0-0 inicial pero que supuxo a confirmación da volta do Alfoz á Segunda Autonómica!

Destacados Primeira. Xornada 27

*Sporting Pontenova-Chantada Atlético: A mellor primeira parte da temporada para os locais. Pero o seu bo facer non foron capaces de acompañalo con goles. Marcaron un, aínda que foi anulado. Os erros pagáronos caros nunha segunda metade cun Chantada Atlético con máis presenza ofensiva. Pana encetou o marcador nun lanzamento de falta directo. Anthony marcou […]

As nosas redes falan

É un día deses nos que as palabras non saen coma a sempre. É un día triste para o fútbol lucense. E iso tamén está quedando reflectido nas redes sociais. Son moitas as dedicatorias, as verbas de agarimo e agradecemento cara Xosé Anxo Varela Rodríguez “Canti”, falecido nas últimas horas. Varios foron os clubs, os […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 29) e Preferente (Xornada 30)

Doble triunfo lucense na Terceira. O Polvorín venceu na Cheda ao Laracha, mentras que o Racing Vilalbés impúxose no Couto ao Ourense. Na Preferente fallaron os dous conxuntos que pelexan polo ascenso. O Viveiro nun mal encontro, caeu goleado no campo do Xallas, mentras que a Sarriana viuse superada polo Ribadeo no derbi do Pepe […]

Lucía Pardo (Friol CD Lugo): «Non nos podemos permitir fallar»

Parte case sempre dende a banda esquerda. De caneos certeiros e bos pases entre liñas. Ás veces capitá. Tamén goles. Aínda que non é das que os apunta para sumalos (non o leva a conta, pero marcou 13 tantos no que vai de curso – 10 en liga). Lucía Pardo Méndez “LP” (05 – 01- […]

O partido en imaxes: UD Xove Lago-SD O Páramo (3-1)

Antonio Vaztra é o autor desta pequena galería fotográfica do choque que mediu ao Xove Lago coa SD O Páramo, choque correspondente á 26ª xornada da Primeira Galicia e no que venceron os mariñanos por 3-1!

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

Os sobranceiros da Terceira na 20ª xornada

Á terceira foi a vencida. Cantouse o primeiro ascenso da tempada na Terceira Rexional. O Paradela subiu á Segunda sen xogar, despois da derrota do Castroverde en Sober. O Quiroga podería facelo esta finde. Afronta un duelo ante un Antas que quedou sen opcións de ascender pola vía rápida. No norte, o Muimenta desaproveitou a […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Nunha semana histórica para o fútbol feminino, as nosas loitadoras volveron deixar o listón moi alto! Sen ir máis lonxe, o PM Friol CD Lugo pasou por enriba do Atlético Arousana, 5-0, para manter a terceira posición e estar cada vez máis preto da promoción de ascenso á Primeira B.

Os onces da 24ª xornada na Segunda

O Lourenzá e o Palas foron os grandes triunfadores da xornada na Segunda Rexional ao vencer en cadanseu duelo directo. Ademais, no norte o Folgueiro volve ao liderado e na zona baixa o Abadín, a Candelaria e o Iberia sumaron de tres. No sur, o San Roque regresou aos postos de ascenso directo. A vitoria […]

O partido en imaxes: Lemos-Atlético Escairón (1-1)

Houbo derbi monfortino na Pinguela, campo mítico do noso fútbol. Nel se mediron nun choque moi igualado os locais, o Club Lemos, e o Atlético Escairón, o único equipo máis da comarca que militou na Preferente ata o pasado ano. 

Destacados Primeira. Xornada 26

*Xove Lago-Páramo: Duelo atractivo para o espectador de estilos contrapostos. O fútbol combinativo do Xove Lago impúxose ao xogo máis directo do Páramo. Corbelle regresou cos de Fontal para facer de ‘home-boia’. Na primeira metade, os de José Manuel colleron unha boa renda co 2-0. Os das Rapadas nunca se foron do encontro. Barrio recortou […]