Rubén Pena: «Non hai Preferente ningunha; eu vou para Xermade»

Tanta facilidade para marcar goles, como sentimento para manterse afín a unhas cores. Rubén Pena López (Xermade, 27-03-1977) iniciouse no fútbol no colexio, coma tantos outros pícar@s. No Monte Caxado das Pontes formouse un grupo de rapaces que pasarían do fútbol sala ao fútbol campo. Arriba había un equipo que daba que falar en toda […]

Sanitarios de ouro. Capítulo 2

Corren tempos difíciles para todos. A crise do coronavirus Covid-19 ten a máis dun tercio da poboación mundial confinada na súa casa. Un dos danos colaterais que supón esta situación é a ausencia de toda competición deportiva, profesional ou non. Isto é, que estamos sen fútbol. E polo momento, non hai trazas de cambio.

Que facemos coa temporada?

Abrimos o abano de opcións ao longo da provincia

Cholas (RC Villalbés): «Estamos moi animados tras os últimos resultados»

O Racing Villalbés leva anos sendo un dos equipos referencia do fútbol base provincial e autonómico. O clube chairego é un dos rivais máis temidos de toda competición. Especialmente na casa. Os rivais, conscientes da tamaña empresa que supón sacar algo positivo do fortín chairego, temen o día da súa visita ao Estadio Roca.

O partido da xornada… CD Cospeito – SD Muimenta: o derbi xógase na casa

É un deses partidos diferentes. Un auténtico duelo entre veciños. Un encontro cuxa rivalidade habería que buscala na prehistoria. Moito antes de que chegase o fútbol. Na raíz máis fonda das rivalidades locais que, para ben ou para mal, temos por estas terras. A envidia do veciño só lle falta ser deporte olímpico. En pleno […]

O Carballedo CF chegou para quedarse

Comezaba xullo do 2018 cando unha nova chegaba aos nosos fogares: o concello do Carballedo tería un representante nos campos de fútbol a partires de ese momento. Baixo o nome de Carballedo CF sería creado un conxunto feminino que pasaría a competir na Segunda Galicia.

Un ascenso pendente do que poda pasar

Estamos nunha situación de incerteza constante. Preocupados polo que poda pasar, pero coa obriga de mantela calma. O fútbol pasa a un segundo plano sempre. E máis aínda cando a saúde está polo medio. Iso non quita de que siga sendo un xeito de vida. Por iso, moit@s nos preguntamos que pasará agora coas competicións. […]

Así está a carreira polo All Star na Preferente

Aproveitamos o parón futbolístico por mor da pandemia do coronavirus para facer un repaso da clasificación do Trío de Ases da Preferente, coa vista posta no II All Star Futbolinlugo programado para o 13 de xuño en Chantada. Así está logo de vinteseis xornadas disputadas: TICHU (Viveiro): 31 puntos ADRIÁN DÍAZ (Lemos): 30 puntos XAIME […]

Un punto moi sufrido e un novo líder no medio do caos

No medio da situación que impera hoxe na sociedade mundial, non queremos deixar de facer o noso repaso semanal ao fútbol feminino provincial. Competicións que, á espera de novas, non se disputarán nos próximos quince días.

O Sporting Lucense ascende e o Fonsagrada perde o seu primeiro partido

Foto de portada: Mariluz Fagín O Covid – 19 marca tamén a axenda do noso fútbol. A suspensión da competición nas dúas próximas xornadas provoca parón en todas as categorías. Xusto cando a Terceira Rexional se atopa no seu tramo final. Esta suspensión pilla ao Sporting Lucense con todos os víveres. Porque xa volve ser […]

O Portomarín chega aos postos de ascenso e o Sp. Pontenova queda a un paso

Viñamos dicindo nas últimas xornadas que estaban a espera dos rivais. E foi a pasada fin de semana cando o Ferreira fallou e o Portomarín aproveitou. Tamén fallou o Sanci no grupo norte, pero non lle chegou ao Sporting Pontenova para asaltar o segundo posto. Ambos equipos están igualados a puntos. Sabemos máis detalles nos […]

O partido en imaxes: Club Lemos – Ribadeo CF (2-0)

O Lemos e o Ribadeo enfrontáronse o domingo nun emocioante derbi que se saldou con victoria para os da Pinguela, 2-0. Así, os monfortinos respiran con respecto á zona baixa e o Ribadeo queda asentado no médio da táboa. Ao choque asistiu Mariluz Fagín, autora desta gran galería de imaxes!