O Burela volve coller vantaxe nos Máxicos

A fin de semana tras o Entroido nos Máxicos da Primeira deixou ao Burela como líder máis destacado logo da derrota da Residencia, mentres que a victoria do Oural afunde ao Outeiro de Rei en postos de descenso. Todo, da man de Salvatierra Abogados. O Racing Villalbés ‘B’ reatópase coa victoria diante do Pastoricense (2-0). […]

O partido en imaxes: Milagrosa – Gondomar (1-2)

A Milagrosa plantou cara en Frigsa a un dos líderes do grupo 6 da Primeira Futgal. Logo dun tempraneiro gol local, os pontevedreses deron a volta ao electrónico no comezo da segunda metade. Hoxe presentamos as mellores imaxes do duelo entre os de Madriles e o Gondomar, da man do noso amigo Roberto Carreira.

Os Máxicos aumentan en igualdade co paso das semanas

Salvatierra Abogados segue con nós para ofrecernos os primeiros Máxicos do mes de marzo, cunha Residencia intratable e un San Lázaro afundido. O San Lázaro non mantén a boa imaxe e cae diante da Residencia (0-3). O bo fútbol dos de Rafa Casanova pasou por riba do cadro da Ponte na primeira media hora de […]

A xeira da Residencia ameaza ao Burela

En setembro debutaba Rafa Casanova como técnico da SDC Residencia. Un equipo e un corpo técnico chamado a competir polo ascenso á Preferente ilusionaban desde agosto nunha Cheda que non deixou de apoiar aos seus, independentemente da categoría. Porén, a SD Burela emerxeu como un rival moi difícil de bater. A boa xeira dos de […]

Os Máxicos deixan a derrota do Burela e unha gran victoria do Monterroso

Os Máxicos encaran a fin de semana do Entroido logo dunha vibrante xornada con moitos goles e emoción. A Residencia supera ao Outeiro na matinal do sábado (3-0). O duelo comezou de cara para a Residencia, cun bon gol de Martín desde fóra da área no minuto 5′ de xogo. Logo de dominar o primeiro […]

O Catro Ventos será verdugo esta tarde

O campo do Catro Ventos, na parroquia de Cazás e no concello de Xermade, será xuiz e verdugo esta tarde ás 16.30. O cadro local, o Cazás, mídese a un Castroverde que pode confirmar o seu ascenso á Segunda Futgal. Tan só a victoria chairega impedirá o salto de categoría dun conxunto visitante que chega […]

Os Máxicos encaran a recta final da temporada

Os Máxicos Salvatierra Abogados disputaron outra xornada chea de emoción, na que o líder estivo a piques de deixarse puntos e o Monterroso sorprendeu ao Castro, entre outras cousas. Unha mala versión do Burela gaña en inferioridade diante do San Lázaro (1-3). A pesares de que o duelo se puxo de cara para os Máxicos […]

O partido en imaxes: Milagrosa 0-2 San Lázaro

Roberto Carreira deixounos as mellores imaxes do duelo que mediu ao cadro feminino da SCD Milagrosa e á SD San Lázaro, no que se impuxeron as lucenses por 0-2.

A zona de descenso dos Máxicos ponse quente

Os Máxicos de Salvatierra Abogados continúan competindo na procura dos obxectivos. Burela, Castro e Residencia manteñene a súa particular pelexa, mentres que a loita por evitar o descenso mantense endiablada. Víronse moitos goles nesta edición dos Máxicos Salvatierra A Milagrosa enciaxa tres goles por parte na súa visita a Domaio (6-2). A viaxe pasou factura […]

A Terceira Futgal trae un derbi vibrante

A Terceira Futgal é unha categoría chea de emoción. Os clubes máis modestos do noso fútbol compiten por obxectivos variados, que van desde acadar o ascenso ata competir cada fin de semana con ilusión e ambición. Equipos que adestran máis ou menos días por semana, pero todos unidos polo balón en canto comeza unha competición […]

Os Máxicos non perden o ritmo da competición

Nova semana para os Máxicos da Primeira, que puxeron todo o seu empeño en sacar tres puntos para os seus equipos. O Meira deu un paso adiante na procura pola salvación, mentres que San Lázaro e Oural empataron para perder puntos nesa mesma loita. A Milagrosa pecha o seu grupo tras caer ante o Mos […]

O partido en imaxes: Outeiro de Rei – Santaballés (1-2)

Roberto Carreira deixou as mellores imaxes do derbi chairego entre Outeiro de Rei e Santaballés, no que os de Freire levaron tres puntos de ouro para recuperar a dinámica positiva. O resumo do partido chegará o martes cos Máxicos Salvatierra Abogados, pero hoxe traemos instantáneas dun choque vibrante. A galería completa pode consultarse nesta ligazón. […]

O temporal deixa a moitos Máxicos sen partido

A borrasca Herminia deixou pegada no fútbol dos Máxicos. Este domingo tan só se disputaron 3 dos 10 partidos que implican a equipos lucenses na Primeira Futgal, mentres que os restantes 7 agardan por unha nova data para a súa disputa (actualización ao final do artigo). As condicións climatolóxicas impediron que se desenvolvese con normalidade […]

Piru, San Roque: «As vindeiras xornadas van ser determinantes»

O San Roque está a revivir no barrio de Montirón. Logo de quedar conveniado coas EF Polvorín, o club verdibranco loita por voltar á Primeira Futgal, categoría onde agarda consolidarse nos vindeiros anos. O proxecto comezado uns anos atrás deu un salto este curso da man de Rubén Sanjurjo ‘Piru’, que asumiu o mando pleno […]

Os Máxicos compiten como poden baixo a choiva

Nova xornada dos Máxicos da Primeira, que comezaron a segunda volta cunha fin de semana marcada polas baixas temperaturas e a choiva en todos os puntos da provincia. O Racing Villalbés ‘B’ e o Monterroso empatan nun dos poucos duelos sen auga (2-2). A intensidade foi protagonista no Roca ata que Guaje adiantou aos seus, […]

máxicos

Mincha, SD San Lázaro: «Buscarei crear un grupo tan unido coma cando eu era xogador»

A SD San Lázaro vive anos ilusionantes. O cadro da Ponte, pese a verse afastado do seu barrio, compite cada domingo co obxectivo de manter a categoría na Primeira Futgal. Porén, os resultados non están sendo os agardados e, logo da dimisión de Nico Longhini, Alejandro Novo ‘Mincha’ colleu os mandos do club celeste. Polo […]

Un club moi por diante nos Máxicos da Primeira

Os Máxicos Salvatierra Abogados viviron o primeiro partido do ano con moita intensidade e emoción. As victorias de Burela, Castro e SD Chantada consolidan aos seus equipos na zona alta da táboa. A SD Chantada supera ao Monterroso no Sangoñedo (2-1). A superioridade inicial dos chantadinos traduciuse no 1-0 de Pablo nun man a man […]

Asier Burundarena: «A día de hoxe son exfutbolista»

Unha das novas máis sonadas na nosa provincia nos últimos días é a baixa de Asier Burunda (Foz, 1998) no Racing Villalbés. Un dos xogadores máis prometedores da Terceira RFEF viuse obrigado a deixar o club chairego por motivos laborais, como o propio Racing explicou nas redes sociais. Hoxe, conversamos co atacante focense para coñecer […]

Os Máxicos dan boa conta da Copa na fin de semana de Reis

A Ronda Previa da Copa de Preferente e Primeira Futgal deixou un fútbol vibrante na nosa provincia. Os conxuntos protagonizaron partidos de moita igualdade e dous deles se decidiron desde os once metros. Tan só está pendente o choque entre Ribadeo e Residencia, que terá lugar na Cheda no mes de marzo. O Taboada elimina […]

Analizamos aos pichichis de 6 categorías

Contar co pichichi no teu equipo é un elemento diferencial, pois a capacidade goleadora é un dos factores máis cotizados no fútbol profesional e amateur. Hoxe revisamos quen son os homes máis afortunados de cara ao gol na primeira recta da temporada 2024/2025 nas categorías autonómicas. O pasado martes conversamos con Jorge Pereira, dianteiro da […]