Os desexos da base para 2018
Xa comezou o 2018, e agora que os Reis Magos acaban de chegar aos nosos fogares, queremos saber que se pide desde os distintos clubes con categorías de fútbol base a este novo ano!
Xa comezou o 2018, e agora que os Reis Magos acaban de chegar aos nosos fogares, queremos saber que se pide desde os distintos clubes con categorías de fútbol base a este novo ano!
Están a deixar o nome da comarca da Ulloa moi alto. De feito, no máis alto da táboa. Contando todos os seus partidos por victorias, as rapazas da SD Antas aventaxan en oito puntos ao segundo clasificado, a SD Villestro.
Xa se coñecen os calendarios de todas as segundas fases de Fútbol-11 na base lucense, desde xuvenís a infantís. Hoxe, Futbolinlugo comparte integramente ditos calendarios!!
A pasada fin de semana disputouse a última xornada de fútbol base correspondente ao ano 2017. Para pechar o ano, queriamos facer un recopilatorio de todas as cousas, tanto positivas como negativas, que nos deixaron estes 365 días na base de toda a provincia, desde aqueles que en xuño remataron a súa traxectoria nas categorías […]
Chega o parón de Nadal nas nosas competicións, e as redes continúan igual de activas que sempre!
Como no fútbol, débese observar e actuar ante o planteamento ou movementos no céspede do rival. Sen embargo, hoxe non veño a falar de nada do que pasa no campo. Hoxe, veño a escribir sobre o que vemos todas as semanas nos campos de fútbol onde se están a disputar partidos de Fútbol Base. Alguén […]
Tan só unha xornada. Iso é o que separa aos nosos xuvenís, cadetes e infantís da Segunda Fase do campeonato provincial.
A pesares de que a xornada estivo marcada polas suspensións, as choivas e o vento, non impediu aos nosos seguidores interactuar nas redes sociais!!
Fai xa un par de semanas, de casualidade, topei cun desagradábel comentario nunha archicoñecida rede social. Non lembro o resultado exacto, pero viña a dicir algo así coma: “17-0, qué buenos son mis niños”. Escribía o técnico dos rapaces “gañadores”, claro, que, coido, son de idade benxamín ou prebenxamín. Non podía saír do meu asombro. […]
O lume é, sen dúbida, un gran inimigo para os homes. Desde Futbolinlugo queremos solidarizarnos cos nosos veciños, sexa cal sexa a súa comarca ou o campo de futbol que visitan cada quince días.
24 anos adestrando na Milagrosa. Milleiros de minutos sobre o céspede dos distintos campos da provincia e da comunidade. Madriles é, polo tanto, un dos homes que mellor coñece a nosa base e o noso fútbol. Non acostuma a aparecer nos medios, pero Futbolinlugo conseguiu falar con el.
Como todos os luns, facemos un balance do que deixaron as nosas redes na fin de semana: derbis, emocións, desilusións… e moito máis!
Chegou á Residencia desde Cádiz para adestrar ao Cadete «A» e formar parte do corpo técnico do San Roque (filial do equipo da Cheda) e, desde a súa chegada, amontónanse os triunfos para os rapaces da canteira branquiazul.
E un luns máis, a sección de todos eses siareiros que, domingo tras domingo, seguen ao seu equipo pola provincia ou por Galicia.
Tan só 17 anos. E xa é un dos habituais no primeiro equipo do Monterroso, militante na Primeira Autonómica. «Rulo», como agarimosamente lle chaman os seus compañeiros e amigos, xa sabe o que é anotar nunha competición sénior, e incluso levar o peso do xogo nas súas botas.
Achegámonos á metade da temporada, e as alegrías e tristezas están á orde do día. Así se pode ver nas nosas redes, que chegan hoxe a una nova edición!
Non é a primeira vez que falamos con Sergio Cabanelas. E é que, de novo, o xogador monfortino volver ser novidade.
Tal vez non do xeito soñado. Tal vez con máis derrotas das agardadas. Pero no fútbol, como na vida, hai que ser realista. Ox xogadores do Polvorín infantil están a desfrutar a súa andaina na Liga Galega ao máximo, aproveitando cada minuto, viaxando por Galicia e formándose de cara aos seus futuros anos no fútboltanto […]
Amigos, estivo difícil esta xornada. O humor e o bo rollo reinou nas redes sociais durante toda a fin de semana. Tras una difícil elección, aquí van os nosos destacados!
Sete e media da tarde. Martes, pleno novembro. Ademais da escuridade propia da época, chove e a temperatura non supera os 3ºC. Toca saír da casa un día máis, percorrer media cidade para coller un autobús ou un coche que nos leve ata o campo de adestramento.