Os desexos da base para 2018

Xa comezou o 2018, e agora que os Reis Magos acaban de chegar aos nosos fogares, queremos saber que se pide desde os distintos clubes con categorías de fútbol base a este novo ano!

Antón Méndez, coordinador SD Becerreá: «Nós este ano pedimos manter todas as categorías e alcanzar algún día o soño de xogar en Liga Galega con algunha categoría.»

Luis Eugenio, coordinador CD Palas: «Que continúe a ilusión por este deporte.»

Manel, coordinador CP Lucense: «O noso obxectivo é seguir na liña marcada ao principio, coas nosas ideas de aportar o máximo para que os nenos melloren deportiva e persoalmente, sendo moi importante para nós o compromiso e o comportamento de cada un. Seguir mellorando e aportar o máximo.»

Xosé Anxo Varela, Taboada CF: «Eu pido no nome do Taboada que non se nos manque ninguén máis de gravidade e por extensiónn pido o mesmo para os demais equipos, as lesións son a cara máis amarga.»

Amadeo, coordinador CP Calasancio: «Pódese gañar, empatar ou perder, pero o esforzo e a entrega no noso club é innegociable.»

Juan Gómez e Jorge Pereira, ACD Piringalla: «Queremos que todos os nenos desfruten da maxia do fútbol no 2018, e que sigan chegando bos resultados e cumplindo novas metas inacadables anos atrás.»

Mari, presidenta CF Monforte: «O CF Monforte pídelle aos reís que todos os nenos/as teñan as mesmas oportunidades para poder practicar este e outros deportes independientemente da raza, sexo ou posición social. Pedimos igualdade xa que todos teñen a mesma ilusión! Poderiamos pedir máis cousas que fan moita falta… Pero esta cremos que é a máis importante…»

Adrián Laureda, coordinador CD Lugo: «Saúde ante todo. A partir de aí: Ilusión, esixencia, aprendizaxe e mellora contínua.»

Simón Lamas, coordinador Racing Villalbés: «Sen entrar en tópicos, pedímoslle aos Reis seguir afianzando a estrutura do clube e a nosa maneira de traballar, ademais de ver cada vez mais canteiráns no 1° Equipo.»

Traste, coordinador SD Chantada: «Empezando polos cadetes, a idea é clara: seguir coa formación de cada un dos 22 rapaces, non só a nivel deportivo, senón dos valores persoais e deportivos que tratamos de inculcar neles xa que serán os protagonistas durante moito tempo do clube. Seguindo polo xuvenil «B», ao ser un conxunto de nova creación a idea é que se asente cada vez máis como equipo, contando con máis rapaces e coa mellora de moitos deles a través da diversión. En canto o xuvenil «A», é o único equipo onde teñen certa prioridade os resultados, xa que se intentou que houbese unha mellora competitiva que acercase ao equipo o ascenso á Liga Galega, á que se voltaría despois de dous anos. Queremos tamén pedir saúde para que os rapaces poidan correr, saltar e de todo o que se lles ocorra para que sexan felices co balón. O clube regalaralles motivos para que se ilusionen.»

Rachu, vicepresidente Quiroga FC: «O noso desexo é que os nosos xuvenís medren pouco a pouco e que os resultados recompensen o gran traballo e esforzo que están a facer durante esta tempada.»

Dani, coordinador ADC Sagrado Corazón: «Pedimos o crecemento de todolos clubes da cidade, para que o nivel do fútbol base lucense medre!»

Suso e Dumi, CD Castro: «Que os rapaces e entrenadores melloren e disfruten co que fan. E se debuta algún juvenil co conxunto sénior estaría genial.»
«Que siga medrando tanto en aspectos competitivo como sobre todo humano, que en poucos anos o primeiro equipo estea composto por gran parte de xogadores da canteira e que desfruten todos os membros da base queimando etapas e crecendo co clube.»

Fran, Xove Lago: «O desexo con respecto ao fútbol base é a consolidación das categorias inferiores e a entrada de xogadores das inferiores no primeiro equipo.»

Amaro, coordinador SD Ribadeo: «Desde a SD Ribadeo  pedimos aos Reis Magos que se sigan divertindo os nosos nen@s, que siga o bon ambiente nos partidos e nos campos, que non haxa lesións nin en xogadores nin en alleos e que sigamos traballando para buscar máis presencia en equipos séniors propios da zona dos nosos xogadores.

Magín, presidente SCD Milagrosa: «Pedimos que se cumpran todos os obxectivos que nos propuxemos a principio de campaña e, a súa vez, pedimos seguir medrando en todo»

 

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.