O partido da xornada… SD Sarriana-CD Foz: derbi para recuperarse

A Sarriana e o Foz mídense este domingo ás 16:30 na Ribela no que será o primeiro derbi lucense da segunda volta na Preferente Norte. A el, os equipos chegan en situacións e con ambicións distintas, pero ambos veñen dunha xeira de resultados negativa que tratan de cortar cunha victoria.

Un mal comezo de segunda volta e un derbi moi igualado

A pasada fin de semana comezaba a segunda volta no Reto Iberdrola, onde o representante lucense, o PM Friol, está a realizar un papel máis que digno. Porén, as de Ángel Villar non comezaron con bo pé a segunda parte da temporada, caendo por 1-0 na casa do Deportivo Alavés. As lucenses mereceron máis, pero […]

Manolo González, CF Badalona: «Gustaríame adestrar ao CD Lugo»

Está a ser unha das tendencias da información deportiva en Galicia. Adestra lonxe da súa terra a un conxunto do Grupo III da Segunda División B que vén de eliminar na Copa do Rey a un Getafe (que disputa este ano a Europa League) e os seus rexistros ligueiros son admirables. Tamén soña con volver […]

Fernando Corredoira (SD Pol): «O equipo foi medrando co paso das xornadas»

O pasado mes de marzo a SD Pol cumpría 40 anos. Meses máis tarde, celebraba ese aniversario coa permanencia na Primeira Autonómica, á que ascenderan na 2017/2018. Porén, a entidade polense, non contenta con iso, deseñou o pasado verán un proxecto para levar ao equipo á Preferente Autonómica nesta 2019/2020. Para logralo, a directiva deu […]

Un presidente polivalente e tres derbis de infarto

Como ben se anticipou a semana pasada, o fin de semana estivo marcado polo derbi da Primeira Galicia entre SD Antas e PM Friol «B», que se saldou cun xusto empate a un gol. Quizais mereceu máis a SD Antas, xa que as rapazas do Castro Seoane acabaron o partido con nove xogadoras e encaixaron […]

O partido en imaxes: UD Xove Lago-CD Castro (3-1)

O pasado domingo medíronse en Xove dous conxuntos que loitan por manter a categoría, o Xove Lago e o Castro. A igualdade do encontro foi máxima, pero finalmente os locais conseguían imporse por 3-1, collendo así unha gran bocanada de aire neste final da primeira volta de competición.

Unha dosis de realidade, un cúmulo de lesións e unha xeira imparable

Esta nova edición das nosas guerreiras da fin de semana chega con tres novas destacadas, repartidas polas categorías de fútbol once que contan con representación provincial. No Reto Iberdrola, o PM Friol recibía na Reigosa a un dos galos da categoría, o CA Osasuna, chamado a conseguir o ascenso á Primeira División. As friolenses non […]

Tres puntos balsámicos, unha mellora de actitude e unha primeira derrota

O PM Friol disputou o seu partido nº400 en competición oficial na casa do Pozuelo de Alarcón. Alí, tras un gran partido de ambos equipos, Jone decantou a balanza a prol das lucenses cun solitario gol no minuto 74, conseguindo así as da Reigosa tres puntos vitais para a súa permanencia no Reto Iberdrola!

O partido en imaxes: Ferreira CF-SD Paradela (2-0)

O Ferreira CF manténse ao frente da clasificación da Segunda Sur. Parte dese logro débese a súa imbatibilidade no seu feudo, O Baliño. Aí venceron de novo este domingo á SD Paradela. No campo estivo presente Leti Fernández, autora desta gran galería fotográfica!

Victorias contundentes, derrotas dolorosas e unha «pichichi» moi goleadora

Unha semana máis, coincidindo coa folga das futbolistas da Primeira División, as nosas guerreiras dignificaron o seu labor dentro do terreo de xogo. O PM Friol continúa a súa complicada e tediosa andaina no Reto Iberdrola, caendo esta vez na Reigosa ante o Athletic Club de Bilbao «B», un dos equipos punteiros da competición, por […]

O PM Friol consegue a súa primeira vitoria a domicilio

Fíxose de rogar. Tiveron que pasar xornadas para que o PM Friol acadase os seus primeiros puntos lonxe da Reigosa. E o fixo ao grande, vencendo a todo un Sporting de Gijón en Mareo (0-1) cun gol de Fanny no minuto 2 que serve ás lucenses para afastarse da zona de peligro e afianzarse na […]

O partido en imaxes: CD Brollón-Ferreira CF (0-4)

O CD Brollón foi superado o pasado domingo polo Ferreira CF, que pasou como unha apisonadora por Os Medos e venceu por 0-4. No partido estivo unha das nosas mellores fotógrafas colaboradoras, Mariluz Fagín, que nos deleita con esta galería!!

Unha internacional goleadora e moitas victorias a nivel autonómico

Neste novo xoves, repasamos a xornada do fútbol feminino provincial, que deixou un balance bastante positivo, agás pola derrota do PM Friol na súa casa ante o Zaragoza por 1-3. Nun choque no que A Reigosa estivo ateigada de siareiros, as aragonesas impuxéronse con autoridade a unhas luguesas cuxa mellor nova foi o gol que […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Un xoves máis, chega a sección na que relatamos como as nosas xogadoras fan historia polos campos do país e da comunidade! Para comezar, falamos dun PM Friol que caeu por 4-0 na casa dun dos equipos punteiros do panorama nacional, como é a SD Éibar. Pese ao resultado, as de Friol fixeron un partido […]

O partido en imaxes: UD Xove Lago-UD Pastoricense (3-1)

O pasado domingo o Xove venceu por 3-1 ao Pastoricense nun igualado choque que se disputou na localidade mariñá. Nel estivo presente Antonio Vaztra, autor desta gran galería fotográfica!

O partido en imaxes: SD Brollón-CD Palas ()

Mariluz Fagín, unha das mellores fotógrafas do sur da provincia, está a crearnos o hábito de publicar as súas imaxes cada semana, pero como para non, coas grandes galerías que nos facilita! Esta vez, deixounos estas fotografías do Brollón-Palas, no que se repartiron os puntos, 1-1.

As nosas guerreiras da fin de semana!

Xa chega o xoves, e con el a sección na que repasamos a actualidade do noso fútbol feminino. Esta semana comezamos, como é habitual, cun PM Friol que unha vez máis fixo historia, logo de puntuar ante o FC Barcelona «B» (2-2), nun choque no que destacou o nivel mostrado por ambos equipos durante todo […]

O partido en imaxes: SD Becerreá-Ferreira CF (1-5)

O pasado domingo, o Ferreira asaltou o Municipal de Becerreá, saíndo da Montaña con tres puntos e un resultado moi positivo, 1-5. Porén, o choque foi máis igualado do que reflicte o marcador, non hai máis que ver as mellores imaxes do mesmo, asinas por Leti Fernández!!

O partido en imaxes: Ferreira-Río Sil (5-1)

A pasada semana Mariluz Fagín estivo en Ferreira, onde presenciou a victoria dos locais ante o recén ascendido Río Sil. Ademáis, inmortalizou o choque con esta gran galería!!