Unha visita histórica e o comezo da Copa

A pasada fin de semana foi histórica para o fútbol lucense. O PM Friol, na súa andaina polo Reto Iberdrola, visitou a cidade deportiva Joan Gamper, do FC Barcelona. Alí se mediron ao filial culé, un dos equipos chamados a conseguir o título de liga. As lucenses, porén, plantáronse no campo sen complexos e puxéronlle as cousas difíciles ás catalanas, que chegaron ao descanso con dous goles de vantaxe (2-0) tras dúas xogadas puntuais. Na segunda parte a superioridade local fíxose maior e os noventa minutos remataron cun cruel 6-0. Aínda así, as nosas guerreiras teñen que estar máis que orgullosas tras facer historia no fútbol feminino provincial!

O resto das ligas de Fútbol-11 non se disputaron polo parón de Carnaval, pero o que si tivemos oportunidade de ver foi a primeira rolda da Copa Deputación. Nela, o CD Lugo superou por 7-0 á SD Chantada nunha gran exhibición goleadora das albivermellas, mentres que a o PM Friol “B” venceu por 0-5 á SG Comercial. As semifinais, que se celebrarán na ponte do 1 de Maio, mediránse CD Lugo e PM Friol “B” por unha banda, e Carballedo CF e SD Antas (equipos clasificados por sorteo directamente a esta ronda) pola outra.

Por último, no Fútbol-7, a SD Burela empatou a tres goles na Marosa co Sporting Cambre “B”, conseguindo un punto que serve ás de Jesús Rial para manterse na segunda posición.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario