O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: choque de contrastes no Arturo Pereiro

O domingo ás 17 horas, o Arturo Pereiro será o esceario do encontro entre Castro e Ribadeo, dous dos representantes lucenses na Preferente Norte. Con pasado non moi lonxano en Terceira División, a situación a día de hoxe dos dous clubes é moi diferente. O cadro chairego ocupa a antepenúltima praza na clasificación con dous […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 5)

Por fin chegou o primeiro triunfo do Polvorín en Terceira División. Houbo que agardar ata a xornada 5, a primeira na que o filial do C.D. Lugo xogou como local malia a facelo en Friol, para sumar tres puntos. Venceu 1-0 ao Porriño Industrial con gol de Antón Escobar no minuto 86. Triunfo moi traballado, […]

Xenxo (C.D. Foz): «Volver a Cantarrana será moi especial»

Sete anos despois, Viveiro e Foz voltan a verse as caras en competición oficial na Preferente Norte. Será este domingo ás 18 horas en Cantarrana. Un derbi mariñán que chega logo de que ámbolos conxuntos estrearan a pasada xornada o seu casilleiro de puntos, polo que, o que acade a victoria poderá comezar a mirar […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Taboada C.F: o derbi en campo neutral

Unha das datas sinaladas en vermello no almanaque dos xogadores e siareiros de Chantada e Taboada é a deste domingo. Enfrontamento directo entre equipos veciños, entre amigos e compañeiros, pero durante os noventa minutos grandes rivais. A cita será ás 17:30 horas deste domingo día 16, pero o encontro non poderá disputarse no Sangoñedo, ao […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 3)

Xornada sen victorias dos equipos lucenses na Terceira División. O Racing Vilalbés empatou a dous tantos na Madalena ante o Boiro. “Vendo os primeiros vinte minutos a sensación era que o encontro ía ser para nós, logo igualouse a contenda e a partir do empate deles precipitámonos co balón e non fumos capaces de marcar […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 2)

Na Terceira unha de cal e e outra de area. Gran triunfo do Racing Vilalbés en Calabagueiros ante o Barco  (2-4), un equipo chamado a estar nos postos altos da clasificación. Un hat trick dun inspirado Javi Ballesteros foi suficiente para os de Xoan Peón. Peor lle foron as cousas ao Polvorín na súa visita […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – C.F. Riotorto: A Marosa volve disfrutar de Primeira ante o potente conxunto de Labrada

Volve a competición en Primeira Autonómica. Mellor dito, xa o fixo onte co encontro adiantado entre o Monterroso e o Outeiro de Rei disputado en Cerdeiriños e que rematou con empate a un tanto. O resto da xornada disputarase durante a fin de semana, destacando o encontro entre o recén ascendido Burela e un Riotorto […]

Trio de Ases Terceira e Preferente (Xornada 1)

Cando aínda parece estamos na plenitude do verán, chega o fútbol e benvido sexa. A Terceira e a Preferente xa botaron a andar, con sorte dispar para os nosos representantes. Foron quen de acadala victoria a Sarriana e o Ribadeo. O cadro sarriao gañou con autoridade ao San Tirso (3-0) nun encontro no que os […]

Diario dun mercado. Episodio 97

Os clubes da nosa provincia ultiman detalles para botar a andar a temporada 2018-2019. O C.D. Castro na súa restructuración de plantel está a pique de pechar a incorporación de Dani, lateral esquerdo procedente do Becerreá, co afán de chegar co equipo pechado ao primeiro encontro ligueiro ante o Atlético Coruña Montañeros. O Riotorto incorporou […]

Diario dun mercado. Episodio 96

Aproxímase a data de comezo da competición ligueira e a maioría dos equipos xa teñen a súa plantilla definida, pero outros aínda buscan no mercado as últimas pezas para facer o plantel o máis competitivo posible. É o caso da S.D. Sarriana, un dos conxuntos con máis movimento neste mercado estival logo do ascenso a […]

Os equipos da Preferente, a exame

Houbo que agardar ata a última hora para saber cantos equipos da nosa provincia xogarían na temporada 2018-2019 na Preferente Norte. Parecía claro que o Estudiantil ía renunciar á sua praza para comezar de cero en Terceira Autonómica, pero finalmente non foi así e a S.D. Residencia terá que afrontar a nova campaña en Primeira. […]