Diario dun mercado. Episodio 8

Non sempre todo é definitivo. Isto xa queda demostrado no noso mercado. Hai un par de semanas anunciabamos a continuidade de Charly como adestrador do Castro despois do descenso á Preferente. Non obstante, esta última semana confirmouse que o preparador sarriano non segue aos mandos do cadro chairego nunha decisión mediada por ambas partes, aínda […]

Diario dun mercado. Episodio 7

Nestes primeiros movementos do mercado boa parte dos equipos están por darlle continuidade aos proxectos da última campaña. Un que se acaba de sumar a esta tendencia é o Atlético Escairón que xa prepara a vindeira temporada comandado de novo por Alberto López. O conxunto do Saviñao, que aínda ten que xogar a Copa (este […]

As notas da Segunda e Terceira nos cuartos da Copa

Xa só quedan catro equipos na competición. Esta próxima fin de semana xogaranse por así dicilo as finais territoriais, a do norte e a do sur, ou o que veñen sendo as semifinais para decidir quen optará polo título no último partido. Sporting Pontenova – Lourenzá será a semifinal do norte, mentras que Brollón – Friol […]

Once da xornada 38 na Preferente Galicia

Rematou a competición regular na Preferente e ningún dos equipos lucenses ten que agardar a nada para saber o seu futuro. O Lugo B xa sabe que non xogará fase de ascenso, a pesar de acabar en posto de promoción na clasificación. Non obstante, a posibilidade de que só o Rápido de Bouzas poida ascender á […]

«Voume coa conciencia tranquila e coa cabeza moi alta», Piru ex-adestrador do San Roque

No mundo do fútbol xa se sabe que as sorpresas poden chegar en calquera momento. Hai algo máis dun mes polo barrio da capital lucense de San Roque celebraban un ascenso histórico a Primeira Galicia con Rubén Sanjurjo, «Piru» como guía dun cadro de xogadores comprometido. Despois de dous ascensos en tres anos o club […]

As notas da Segunda e da Terceira nos oitavos da Copa

A Copa Deputación vai entrando no seu tramo decisivo e xa quedaron definidos os cuartos de final que esta fin de semana que se aveciña pelexarán por seguir vivos no torneo. Polo momento quedámonos coas consecuencias da pasada xornada que nos deixou detalles para o recordó. O ás: Recalde do Lourenzá Nun partido tolo, de […]

Once da xornada 37 na Preferente Galicia

Foi unha fin de semana de contrastes con grandes goleadas de equipos lucenses e tamén con abultadas derrotas encaixadas polos clubs da provincia. A unha xornada de rematala liga, confirmouse o descenso á Primeira Galicia do Chantada que implica que o Chantada Atlético descenda á Segunda Galicia. Tamén se complica cada vez máis a salvación […]

«Gústame ver mundo e vivir novas experiencias» Quico, un vilalbés en Formentera

Ás veces, o fútbol modesto tamén che permite saír e probar experiencias novas, aínda que sen as grandes cantidades de cartos que se moven por outros lares. A pesar da súa xuventude, Francisco González Rochela «Quico» (Vilalba, 1992) é un dos futbolistas que probou sorte no fútbol popular doutras comunidades. Criado nas categorías inferiores do […]

As notas da Segunda e da Terceira na segunda rolda da Copa

A Copa Deputación foi avanzando e esta vindeira fin de semana xa entrará nos seus oitavos de final. Xogarse todo a un partido provoca que as sorpresas sigan chegando e equipos que fixeron una gran temporada como o Portomarín que conseguiu o ascenso a Segunda, xa quedaron eliminados. Os máis destacados da pasada rolda teñen […]

Once da xornada 36 na Preferente Galicia

Remataron xa as competicións regulares na Terceira, Primeira, Segunda e Terceira Galicia pero a que segue é a Preferente. Quédanlle os últimos coletazos en forma de dúas xornadas nas que tres equipos lucenses terán algo en xogo, aínda que os obxectivos que lles restan son complicados de cumprir. O que pasou nesta fin de semana […]

A ascenso por temporada

A fin de semana pasada o Outeiro de Rei conseguía un novo ascenso á Preferente no campo de Cerdeiriños ante o rival que os podía alcanzar na clasificación, como era o Monterroso. O equipo de Juan Peón derrotou por 0-2 aos locais e certificou, deste xeito, a segunda praza que ocupou a maior parte da […]

As notas da Segunda e da Terceira na primeira rolda da Copa

Volveu o fútbol á Segunda e a Terceira e volven tamén as notas. Neste caso, da Copa Deputación que xa trouxo as primeiras sorpresas en formas de eliminación e tamén en forma de clasificación para a segunda ronda que se desputará esta próxima fin de semana. Repasamos os aspectos máis destacados: O ás: Jesús Pérez […]

A desvantaxe competitiva do fútbol lucense

Os equipos da provincia da Preferente Norte teñen unha desigualdade competitiva con respecto ao resto de clubs do seu grupo. Neste caso, a maioría da Coruña, agás o Estudiantil que pertence a provincia de Pontevedra onde tamén sofren esta desvantaxe. O problema vén porque na Coruña despútase a Copa entre semana polo medio da liga […]

Once da xornada 35 na Preferente Galicia

Non foi una boa xornada para os equipos lucenses que teñen importantes obxectivos en xogo de cara ao final da temporada. Por iso, a pesar de ter a súa presenza habitual no noso once, cobran protagonismo os xogadores do Ribadeo que foi o único equipo da provincia que conseguiu gañar nesta xornada. No derbi de […]

Unha final en plena liga regular

Ás veces o calendario e as temporadas son caprichosas e acaban poñendo situacións decisivas sen contar con elas. Ademais,  dáse a circunstancia que adoitan ser deses momentos, nos que aínda que o te levou a ese punto foi o bo facer na competición durante o ano, todo o anterior queda medio esquecido e o resume dunha […]

O Ferreira volverá recorrer toda a provincia

Na Segunda Galicia grupo sur a igualdade polo ascenso mantívose, incluso, ata a última xornada de competición. Aínda que o Ferreira tiña todas as de gañar e así o fixo. Dependía de si mesmo para subir de categoría e derrotou por 0-8 a Comercial que xa estaba descendida. Pantón festexa agora o regreso á Primeira […]

Once da xornada 34 na Preferente Galicia

Os sobranceiros do Lugo B, Lemos e Chantada son os grandes protagonistas do noso once nesta xornada. Os seus equipos conseguiron importantes vitorias que os manteñen na loita polos seus obxectivos. Pola contra, confirmouse unha das novas que xa parecía inevitable nas últimas xornadas, a Sarriana é matemáticamente equipo da Primeira Galicia. Óscar Rivas, Duque […]

O Matela tivo a recompensa na insistencia

O concello de Outeiro de Rei volverá ter un equipo na Segunda Galicia despois do ascenso a pasada fin de semana do Matela. Esta parroquia con sede física na aldea veciña de San Lourenzo de Aguiar (onde xogan os seus partidos) conseguiu subir de categoría despois de quedar estas últimas campañas sempre ás portas. Desta vez, tivo […]

O filial do Monterroso xogará en Segunda

O Monterroso B conseguiu un histórico ascenso á Segunda Galicia despois de superar ao Río Sil na final da promoción de ascenso da Terceira Galicia grupo sur. O filial monterrosino sube de categoría no seu segundo ano de vida. Tan só o filial do Pontellas da provincia de Pontevedra se adiantou no ascenso dun filial […]