O fútbol lucense perde a un dos grandes futbolistas que estaban xogando na provincia. Gerardo Carrera deixa o Racing Vilalbés e ficha polo Somozas, equipo da mesma categoría ca os chairegos despois de que esta temporada descendese dende a Segunda B. Pola súa banda, na Preferente Norte o Castro confirmou a baixa do capitán Xaime , que ten interese de outros clubes para seguir en Terceira e de Nano que fichou no Cospeito de Segunda Galicia tras abandonar o equipo das beiras do Lea por motivos laborais. Tamén é baixa o preparador físico Juan Carlos.

Diego Díaz (9) xogou 21 partidos como titular en liga e marcou catro goles.

Na Primeira Galicia, un dos recén descendidos, a Sarriana reforzase coa chegada de Diego Díaz. O dianteiro procedente do Páramo e participou nos 34 encontros da competición regular co seu equipo. Pola súa banda, un dos que é novo nesta división con respecto a temporada pasada, o Ferreiraanunciou a chegada de Sergio Álvarez, xogador procedente do Chantada. Un dos que permanece, o Taboada, confirmou a baixa dun dos referentes do equipo e tamén do fútbol provincial. Emilio Besteiro deixa o fútbol despois de 24 anos no conxunto branquiazul.

Óscar Piñón (foto). Nos vindeiros días coñeceranse as renovacións e as altas do Celeiro

Na Segunda Galicia, Rodrigo Amarante será o novo adestrador do Chantada B, equipo do que formaba parte como xogador ata esta temporada. Amarante é un home da casa a quen o Chantada lle confía o mando para encarar esta nova etapa do filial na Segunda

 

Pola súa banda, na Terceira Galicia hai novidades no Celeiro. O director deportivo Martín Rodríguez que segue no cargo, confirmou a chegada de Óscar Piñón Trasancos como novo adestrador do conxunto vivairense. Na Terceira sur, o Quiroga tamén anunciou que volverá poñer en marcha o conxunto xuvenil despois da reunión mantida na pasada fin de semana.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario