Sarria, un dos epicentros do fútbol veterán

Dende hai uns anos o fútbol veterán está rexido pola Real Federación Galega de Fútbol. A gran cantidade de equipos que se fundaron na década dos oitenta e noventa pola nosa provincia ten agora continuidade no «fútbol de adultos», onde aqueles futbolistas que o daban todo no campo e tamén no terceiro tempo, baixaron algo […]

Que ver esta fin de semana? (4-5 novembro)

O mes de novembro comeza con forza polos campos da provincia. A primeira cita destacada témola no fútbol base, onde se enfrontan dous dos máximos representantes do fútbol da cidade de Lugo. A Milagrosa defende liderato a domicilio. Tamén defende o primeiro posto o Guitiriz que recibe ao Pol, segundo clasificado. Un punto é a […]

Os sobranceiros da Terceira na oitava xornada

Sen cambios á fronte da clasificación dos tres grupos da Terceira Galicia, despois de desputarse xa a primeira xornada da segunda volta. O Cervo, o Corgo e o Incio seguen mostrando a súa clara candidatura a estar na fase polo ascenso. Descansaron o filial do Friol e o Relámpago Taboada. Repasamos os máis sobranceiros nunha […]

Os onces da oitava xornada na Segunda

Ningún dos dos dous líderes da Segunda Galicia conseguiu gañar no oitavo encontro da competición, aínda así o Guitiriz e o Chantada B mantéñense á fronte da clasificación. Non obstante, con menos vantaxe, xa que algún dos seus rivais aproveitaron para recurtar diferenzas. No grupo norte, o Guitiriz empatou a dous goles na súa visitia […]

Emilio, Incio «Aportei sempre a máxima dedicación»

Preto de trinta anos no fútbol da provincia. Que se di rápido. E case trinta minutos de charla, un por cada temporada que leva defendendo os paus das porterías de varios equipos da zona sur e centro da provincia de Lugo. Emilio Castro (Castelo, Incio) comezou no fútbol afeccionado con 16 anos no Arenas, con […]

Os sobranceiros da Terceira na sétima xornada

O único cambio de líder na Terceira produciuse no grupo sur, no que o Incio derrotou o Río Sil e rouboulle o seu posto á cabeza da clasificación. No resto mantéñense a fronte o Cervo e o Corgo, a pesar de que este último perdese o primeiro partido da temporada ante o Fonsagrada. Descansaron Laxosa […]

Os onces da sétima xornada na Segunda

Na sétima xornada da competición o Chantada B volveu facerse co liderato no grupo sur, despois de aproveitar o empate do Oural ante o filial do Monterroso. Ademais o Portomarín conseguiu a súa primeira vitoria da temporada. No grupo norte, o Guitiriz mantense como líder en solitario na clasificación. Intratable está o Guitiriz no grupo […]

Antonio López, Santa Comba «Dije que jugaría este año siempre que fuese con mis compañeros»

A riqueza do fútbol afeccionado reside no compromiso que os futbolistas e todos os encargados de manter os equipos en funcionamento adquiren ca causa. E non importa de onde veñan, se con nós podes quedar como di o himno do Muimenta (conxunto da Terceira Galicia norte). O fútbol afeccionado lucense tamén abre fronteiras. Antonio Luis […]

Os sobranceiros da Terceira na sexta xornada

O grupo norte e o sur cambian de líder despois da sexta xornada na Terceira Galicia. O Río Sil é o primeiro na clasificación  ao derrotar o Relámpago Taboada que desfrutou unha semana do seu primeiro liderato na súa curta historia. Tamén o Cervo volve encabezar a táboa clasificatoria, logo de que o Celta Barreiros […]

Os onces da sexta xornada na Segunda

A sexta xornada na Segunda Galicia trouxo cambio de líder no grupo segundo, despois de que o Oural lle gañase ao Chantada B nun dos duelos estelares da xornada. No norte, o líder segue sendo o Guitiriz pero a clasificación aprétase con varios equipos moi igualados. No grupo norte, o Guitiriz empatou na casa do […]

Diego Coe, SDC Garabolos «Na competitividade tamén vai a diversión»

Importa o lugar, pero aínda ten máis importancia a compañía, tanto na vida como no fútbol. Porque para moitos o fútbol é a vida ou a vida é o futbol, aínda que obviamente haxa sitio para outras cousas. Pero, polo menos, hai que deixarlle reservada ao balompé unhas horas a semana. Así o fai, Diego […]

Os sobranceiros da Terceira Galicia na quinta xornada

Os lideratos cambian xornada a xornada na clasificación da Terceira Galicia. Desta volta só se mantén o mesmo no grupo centro. Adeamais un deses equipos que encabezan a clasificación fan historia o ser a primeira vez que está nesa situación. No grupo norte, os equipos da Mariña dominan a categoría. O Celta Barreiros encabeza esta […]

Os onces da quinta xornada na Segunda

Algúns equipos que aínda non sumaran de tres en tres comezan a facelo, nunha xornada na que se afianzaron os lideratos en ambos grupos. Rompeuse a igualdade no grupo norte, no que o Guitiriz encabeza a clasificación en solitario despois de derrotar ao Cospeito, que tiña os mesmos puntos. Javi con dous goles foi un […]

Historia e fútbol polas catro roldas da parroquia

Din que no fútbol un dos mellores xeitos de medrar como club é traballando a canteira. Algúns fanlle caso a esta premisa; outros, sobre todo cando hai carto polo medio, téñena como un pensamento secundario. Pero sen dúbida, algo está claro, poucos poden presumir de traballar a canteira tan ben como na parroquia vilalbesa de […]

Os sobranceiros da Terceira Galicia na cuarta xornada

Accaba de principiar outubro, pero a Terceira Galicia xa leva disputado un cuarto de liga da primeira fase que rematará antes de cambiar de ano. Tres equipos lideran en solitario cadanseu grupo nestes momentos. O Cervo recuperou o liderato no norte, o Corgo no centro despois de descansar na terceira xornada e o Sober no […]

Os onces da cuarta xornada na Segunda

Despois de catro xornadas na Segunda Galicia, dous dos representantes da comarca da Terra Chá dominan no grupo norte co liderato compartido entre o Guitiriz e o Cospeito, mentras que no sur o Chantada B comanda en solitario a clasificación.  No grupo norte, un gran número de goleadores luciuse nesta xornada, pero tamén destaca a […]

En marcha a Segunda feminina con representación lucense

Chegou o outono e, con el, inícianse as competicións que faltaban por comezar nesta temporada. A Segunda División feminina bota andar nos grupos 1 e 2, despois de varios problemas para a confección dos grupos, mentras que o grupo 3 (equipos de Pontevedra) xa van pola quinta xornada. Este curso a provincia de Lugo estará […]

Os sobranceiros da Terceira Galicia na terceira xornada

En cada grupo da Terceira dous equipos empatados a puntos lideran a clasificación. No norte, o Goiriz e Cervo teñen seis puntos; os mesmos cá Comercial e o Corgo no centro (estes dous conxuntos xa descansaron o seu respectivo partido da primeira volta); e no sur Quiroga e Sober mantéñense invictos con sete puntos. Esta […]

Os onces da terceira xornada na Segunda

igualdade impera á fronte da clasificación na Segunda Galicia, tanto no grupo norte como no grupo sur. Catro equipos, que se manteñen invictos, encabezan a táboa nos dous grupos, quedando no posto primeiro por diferenza de goles o Cabreiros e o Chantada Atlético. No grupo norte, Cabreiros, Guitiriz, Pol e Cospeito seguen contando os seus […]