Javi ‘Tanketín’, o polivalente líder do Guitiriz

A definición de polivalente feita xogador. Hoxe temos con nós a un home versátil, que xa xogou prácticamente de todo noso fútbol, e sempre ofrecendo un rendemento extraordinario. Javier Ferreiro López ‘Tanketín’ (Friol, 1993) está a vivir un regreso dourado á súa casa. É o claro pichichi dun Guitiriz (promedia máis dun gol por encontro) […]

Qué ver esta fin de semana? (21-22 outubro)

Un venres máis traemos catro dos platos máis apetitosos desta fin de semana. Comezamos con fútbol base. O sábado pola mañá xoga o cadete do Rácing Villalbés no Roca ante o Bergantiños B. Pola tarde, un dos encontros entre aspirantes ao ascenso na Segunda Galicia: Chantada Atlético e Friol A. O domingo teremos un novo […]

Destacados Primeira. Xornada 7

Unha xornada máis e un novo líder. O Chantada asaltou o liderado despois de gañar pola mínima a un San Roque, que encaixou a súa segunda derrota consecutiva. O tempraneiro gol de Manu bastou para os locais. De este xeito, o cadro do Sangoñedo aproveitou o ‘pinchazo’ do Xove Lago na casa. Os de Miguel […]

Trío de ases Terceira (Xornada 10) e Preferente (Xornada 8)

Nada máis e nada menos que dous derbis. Iso foi o que tivemos esta fin de semana. No primeiro deles, o Castro tirou de solidez para deixar a súa porta a cero por segunda semana consecutiva. A expulsión de Félix no Atlético Escairón resultou determinante. No outro encontro entre lucenses da xornada, o Ribadeo asaltou […]

Qué ver esta fin de semana? (14-15 outubro)

Un menú repleto de derbis. Ese é o noso para esta fin de semana. O sábado tes unha cita obligada coa Mariña lucense. A tarde comeza en San Miguel de Reinante co clásico entre Iberia e Alfoz. A guinda poñerana os nosos xuvenís. Enfrontamento entre lucenses na Liga Galega xuvenil: Viveiro A-Rácing Villalbés B. O […]

Debasa, sinónimo de gol

É sabido que na Terceira Galicia existen grandes xogadores. Talentos que non se asentaron en categorías superiores. Ou traballadores que carecen de tempo para probar fortuna en competicións máis ambiciosas. Outros, simplemente queren seguir xogando cos seus amigos. Independentemente da Liga na que participen. Ese é o caso do noso protagonista: Daniel Fuenteseca. Máis coñecido […]

Destacados Primeira. Xornada 6

Xa solo queda un equipo invicto na Primeira Galicia. É o novo líder: o Xove Lago. Os de Miguel Sancosmed alcanzaron o primeiro posto despois de realizar un encontro moi serio na Polvoreira e tumbar por vez primeira na tempada ao San Roque. E falando de primeiras veces, temos que viaxar ata a costa, onde […]

Trío de ases Terceira (Xornada 8) e Preferente (Xornada 7)

O Polvorín deixou dous valiosos puntos nun derbi no que o Ribadeo demostrou que quere estar arriba nesta Preferente. O equipo de José Durán adiantouse cun novo tanto de Jhon Cuadretti (nove goles en sete partidos). Os mariñáns quedaron cun menos aos quince minutos de xogo. Aínda así, mostraron a súa competitividade e salvaron un […]

Palabra de… Andrés Rodríguez: Dulce reconversión forzosa

Becerreá. Setembro de 2014. SD Becerreá – ADC Sagrado Corazón, partido en Primeira Autonómica. O día que me cambiou a vida falando a nivel futbolístico. Adiantámonos 0-1 cun gol meu. Recórdoo coma se fose hoxe mesmo… Uns minutos máis tarde, o que xa viña barruntando varios meses antes. Unha serie de dores agudas na zona […]

Qué ver esta fin de semana? (7-8 outubro)

A falta dun, temos dous. O sábado abriremos o turno dos derbis de Preferente cun Ribadeo-Polvorín. O domingo será o día do Viveiro-Residencia. Volvendo á tarde do sábado, contamos tamén cun espectacular derbi chairego na Terceira Galicia entre o Rioaveso e o Goiriz. Ademais, a nosa recomendación de base para esta fin de semana. Duelo […]

Destacados Primeira. Xornada 5

O Páramo asaltou Cerdeiriños e firmou a súa primeira victoria da tempada, con remontada incluída. O Santaballés goleou ao Bóveda e o Xove Lago fixo o propio co Xermade. Máis sufrido foi o triunfo dun Foz, que desperdiciou boas ocasións e rematou pedindo a hora ante o Pastoricense. A domicilio gañaron o lider San Roque […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 7) e Preferente (Xornada 6)

O derbi da Preferente tivo un claro dominador: o Polvorín, que xa deixou o encontro sentenciado antes do descanso. Os de José Durán demostraron ante o Viveiro a súa candidatura ao ascenso. Jhon Cuadretti volveu marcar dous tantos. O outro equipo lucense que gañou foi o Ribadeo, no feudo do Estudiantil. Remontada incluída nos últimos […]

Qué ver esta fin de semana? (30 setembro-1 outubro)

Plato único para este sábado. Eliximos un dos grandes enfrontamentos entre chairegos na Terceira Galicia: Catro Roldas-Goiriz. O domingo xa vén o groso do noso menú. Pola mañá, almorzamos con contundencia. Abrimos boca cun encontro da Liga Galega infantil entre dous conxuntos que só saben gañar: CD Lugo-Deportivo. Movémonos escasos kilómetros para vislumbrar acto seguido […]

Mario González, o regreso do gardián do Meira

Din que sarna con gusto non pica. Quizais iso é o que lle pasou a Mario González (Pol, 1978). Varias campañas despois da súa ‘retirada’, o pasado domingo púxose de novo as luvas. Para vestirse unha vez máis de gardamallas coa camisola do Meira. Nada novo para él. Non hai mellor proba que a súa […]

Destacados Primeira. Xornada 4

A Xornada 4 foi a das primeiras veces. A da primeira derrota do Foz ante un invicto San Roque. A da primeira victoria do Bóveda. Ou a do primeiro gol de Robertito no seu regreso ás Rapadas. O primeiro de moitos, a bon seguro. Tamén foi a de triunfos sufridos. Como o da Sarriana no […]

Trío de ases Terceira (Xornada 6) e Preferente (Xornada 5)

Sinfonía perfecta. A que tocou o Racing Villalbés onte na Magdalena. Desarbolou a un Somozas irrecoñecible. E iso que contaban con numerosos lucenses. Algúns vellos coñecidos na Chaira. Hugo Criado e Álex, exranciguistas, xogaron os 90 minutos. Ao igual que o meta soberino Ramón, que aproveitou a titularidade trala lesión de Marcos Valín a pasada […]

Alberto ‘Trucha’: «Reengancheime ao fútbol grazas a Rubén Arce»

Nesta casa amamos as historias de superación. As da xente que busca día tras día sacar o mellor de sí mesmo. E dos demais. Vivir nunha aprendizaxe constante coma lema de vida. Hoxe traémosvos un fermoso cóctel con todos estes ingredientes. Todos aglutinados baixo un mesmo nome: Alberto Pérez Cabado (Lugo, 1989). Moito máis ca un […]