Qué ver esta fin de semana? (21-22 outubro)

Un venres máis traemos catro dos platos máis apetitosos desta fin de semana. Comezamos con fútbol base. O sábado pola mañá xoga o cadete do Rácing Villalbés no Roca ante o Bergantiños B. Pola tarde, un dos encontros entre aspirantes ao ascenso na Segunda Galicia: Chantada Atlético e Friol A.

O domingo teremos un novo derbi mariñán na Primeira Galicia: Foz vs Pontenova. Para rematar o noso menú, fútbol feminino. Milagrosa e Umia veranse as caras no Gorgoso na Primeira galega.

 

SÁBADO

10.30 horas. Racing Villalbés-Bergantiños B. Estadio Roca. Liga Galega cadete

16.15 horas. Chantada Atlético-Friol A. O Sangoñedo. Segunda Galicia

 

DOMINGO

16.15 horas. CD Foz-Sporting Pontenova. Martínez Otero. Primeira Galicia

17.00 horas. Milagrosa-Umia. Luis López Gorgoso. Primeira Galega feminina

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario