O Páramo asaltou Cerdeiriños e firmou a súa primeira victoria da tempada, con remontada incluída. O Santaballés goleou ao Bóveda e o Xove Lago fixo o propio co Xermade. Máis sufrido foi o triunfo dun Foz, que desperdiciou boas ocasións e rematou pedindo a hora ante o Pastoricense.
A domicilio gañaron o lider San Roque ao Pastoricense e o Taboada, que sorprendeu ao Chantada no Sangoñedo. Tamén se impuxo o Valadouro pola mínima en Ferreira. Ademais, a Sarriana superou ao San Ciprián por 4-2 e Lemos e Riotorto empataron a un gol. A mellor noticia dese encontro foi a imaxe da bancada, ateigada con preto de 500 persoas. O noso fútbol, e o monfortino en particular, está moi vivo!