Xabi Rodríguez: «O problema do fútbol é que todo o mundo pensa que sabe as regras»

Cada semana vivimos nos nosos campos situacións difíciles de explicar. Inverosímiles e que desencadean auténticas discusións na cantina. Cantas veces non desexamos ter un regulamento a man para poñer fin á batalla dialéctica? Ou para ‘meterllo nos dentes’ a ese home que berra sen sentido de pé na súa butaca… Agora, témolo moito máis doado. Todo grazas ao colexiado coruñés Xabier Rodríguez. O experimentado árbitro vén de sacar unha versión moderna e simplificada do regulamento, ao alcance de tódolos públicos. Didáctica, interactiva e amena. Lonxe de tecnicismos e vocablos imposibles. Unhas regras de xogo para o pobo, de andar por casa. Sen máis dilación, coñecemos en profundidade a súa obra: Arbi, ¿qué pitas? Un libro que se pode mercar en Amazon por 16,05 euros.

Esta é a portada do libro do noso protagonista

FIL: Xabier, como naceu a idea de escribir un libro sobre a arbitraxe e as regras de xogo?

X.R: Levaba varios anos coa web arbitro10.com e dando clases no Colexio de Árbitros da Coruña. Vin que dende hai 12-14 anos non se publicaba ningún regulamento comentado. Hai circulares e demais porén nada accesible para afeccionados e adestradores

Penso que o fútbol lucense perdeu un ‘pouquiño’ nos últimos anos

FIL: Así, que te puxeches mans á obra…

X.R: Empecei en xaneiro, tiña moitas ideas. E fun pouco a pouco. Tratei de explicar un texto xurídico, que sexa entretido de ler. Para o lector e para o árbitro que comeza, por exemplo. E fíxeno ao través de Amazon, que dentro do complicado que é este mundo editorial, foi doado.

FIL: Que nos podemos encontrar en ‘Arbi, ¿qué pitas?’

X.R: Atópanse as dezasete regras do fútbol, dun xeito divertido e tratando de explicar a orixe das mesmas. A súa evolución. Ofrecendo a xogada de referencia, accións curiosas… Para relacionar tentei insertar enlaces a vídeos pero no papel é complicado. Busquei salvar ese problema de dúas maneiras: con códigos QR complementarios, enlazando ao multimedia ou noticia. E doutro xeito tamén, creando a web lasreglasdexabi.com, que se complementa co libro. Por certo, agardo que non teñamos atrancos e poder sacar nun mes unha versión do libro electrónica, en Kindle.

Ninguén leu as normas salvo os árbitros e algúns adestradores

Un exemplo do uso dos códigos QR no libro

FIL: A obra reflicte parte da túa experiencia sobre os terreos de xogo. Que é o máis salientable ou raro que atopaches nun campo de fútbol?

X.R: Hai xogadas… Hai casos en Galicia, que se vén cando un vai aos exames do árbitro. Para min as máis complicadas son as do vento. Por exemplo, recordo unha. Cando o balón sae da área e o vento o devolve a área e tócao o mesmo xogador. Un pensa que non pasa nunca. Pois pasou en Ferrol cuns xuvenís. E é libre indirecto ao tocar dúas veces seguidas o mesmo futbolista. Despois, en Internet podes atopar agora adestradores que cortan ataques, xogadores do mesmo equipo que se pegan, suplentes que entran a cortar xogadas… Xogadas ‘imposibles’ e que pasan.

FIL: O libro tamén ten un carácter didáctico. Ves que falta formación nos colexiados ou nos afeccionados nas bancadas?

X.R: O problema do fútbol é que todo o mundo pensa que sabe as regras. As regras ninguén as leu salvo os árbitros e algúns adestradores. O libro tenta loitar contra os mitos. Ti podes tocar a un árbitro na área pequena, poden saltar dous contra un, ceder ao porteiro o balón co xeonllo… É algo didáctico, con historias, anécdotas e experiencias. Quería que fose lexible e que non aburrise.

FIL: Pertences á Federación Galega de Fútbol. Colaborou esta institución coa realización da túa obra?

Información clara e visual. ‘Cortita e ao pé’

X.R: Non, porque tampouco o pedín. É unha iniciativa persoal e eles non me puxeron trabas. Mantívena en certo segredo por se ao final non saía adiante.

FIL: Unha pregunta obrigada. Con tantos anos de experiencia ás túas espaldas, cal é a túa opinión do fútbol lucense actual?

X.R: Eu teño pouco que dicir porque en Terceira División agora só está o Racing Villalbés. A Magdalena é unha marabilla polas súas dimensións e o céspede. Algunha vez pitei de xeito ocasional ao Ribadeo nesta categoría ou ao Lugo no Anxo Carro. Sempre me trataron ben. É certo que se botan de menos campos coma o do Viveiro, con esa grada baixa… Penso que o fútbol lucense perdeu un ‘pouquiño’ nos últimos anos. Antes había 5-6 equipos mariñáns na Preferente: Alfoz, Iberia, Burela, Pontenova, Mindoniense… Estaba ben arbitrar neses campos e nótase esa baixón ao non estar eses conxuntos.

O libro tenta loitar contra os mitos. Ti podes tocar ao porteiro na área pequena

FIL: Antes de rematar, tes pensado presentar a túa obra na nosa provincia?

X.R: Eu son novato nisto de escribir. Se pensanse que isto ía ser tan complicado, non o tería escrito nunca. O doado é escribir. Pero logo contactar cos medios, facer o márketing… dame reparo. En A Coruña fixen unha presentación oficial e todo o mundo me está animando para que faga máis. Se finalmente as fago, e hai unha na provincia de Lugo, informareivos!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 873

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.