Destacados Primeira. Xornada 9

*Monterroso-Burela: O cadro de Roberto Rielo firmou unha gran primeira media hora e púxose 3-0 no marcador. Con dous goles de Dabouza incluídos. O Burela aproveitou dous erros para reducir a un só tanto a vantaxe dos da Ulloa. Magnífica efectividade de Javi Celes, autor dun doblete. No comezo da reanudación, Miguel Gomes aproveitou un […]

Palabra de… Borjita: «Os superheroes do fútbol afeccionado»

Son as 17.11 horas do venres, fai algo máis dunha hora que saín da oficina (actualmente traballo e resido na zona norte de Madrid) e escribo estas verbas dende o coche, viaxando pola A6 camiño do adestramento das 21.00 nas Rapadas, o campo da S.D. O Páramo. Algo corrente na miña rutina semanal. Quizais por […]

Destacados Primeira. Xornada 8

*Chantada Atlético-Outeiro de Rei: Goleada do cadro de Cholas no Saviñao ante o pechacancelas da categoría. O Outeiro dominou por completo ao seu rival e dispuxo de oportunidades suficientes para lograr unha maior vantaxe ao descanso ca dous goles. A expulsión de Lois para o conxunto de Fran Regal foi un engadido, un problema máis. […]

Palabra de… Xabi Piñeiro: «Cámaras que contan historias»

Era un 18 de Outubro do ano 2015. A boa xente de Lugoslavia conseguiu que se me acreditara para cubrir un partido do Lugo e, sen pensalo, collín os aparatos e tireime á piscina. Recordo os nervos, os minutos previos a baixar do coche e pensar en toda a coreografía previa que tiña que facer […]

Destacados Primeira. Xornada 7

*Sporting Pontenova-Santaballés: Sufrida victoria dun Santaballés que se consolida na zona de ascenso. Novás pronlongou o seu idilio co gol nada máis comezar e Dani aumentou as diferenzas preto do descanso. Na reanudación, a Pontenova meteuse no encontro nun erro defensivo chairego. Aos de Simón Lamas entráronlles as dúbidas porén atopáronse cun penalti por mans […]

Palabra de… ‘Guaje’ Iago: «O vestiario»

No mundo do fútbol existen numerosas claves que poden marcar o porvir dunha boa ou dunha mala tempada. Unha delas e o vestiario. Sí, ese sitio que nuns campos pode chegar a ser catro táboas mal postas, e noutras parece a suit dun hotel de 5 estrelas. Este habitáculo pode ter un papel determinante en […]

O partido en imaxes: Taboada-Atlético Escairón (1-0)

Fotógrafos: perrobarrenhovello.blogspot.com e Melanie de la Fuente Por vez primeira na nosa historia, temos un encontro en imaxes dende a perspectiva dun fotógrafo de cada conxunto. Un auténtico pracer para os ollos! [themoneytizer id=»15360-16″]  

Destacados Primeira. Xornada 6

*Friol-Monterroso: Un Monterroso plagado de baixas cedeu ante unha boa versión do Friol. Pasada a media hora de xogo, os de Jon Vázquez encarrilaron o encontro con dous goles. Dabouza recurtou diferenzas antes do descanso. Na reanudación, o Friol tivo ocasións para sentenciar pero non o fixo ata moi preto do remate. Brais aproveitou un […]

Palabra de… Samuel Pernas: «Breve resumo antes de que isto remate»

Chámome Samuel Pernas Álvarez, tamén coñecido como ‘Chumi’. Comecei adestrando categorías inferiores do San Ciprian (alevín, infantil e cadete) e este ano pasei adestrar ao primeiro equipo. Teño que recoñecer que estou moi orgulloso dos meus xogadores. Aínda que temos estudantes fóra, somos sempre 15, 16 ou 17 para adestrar. Incluso os que estan fóra […]

Futbolinlugo prepara un macroevento para os destacados do ano

Estade moi atentos á nosa web cada semana! Porque facer un gran partido cada xornada pode ter un suculento premio. Os xogadores e nomes que máis veces saian durante a temporada, tanto nos Sobranceiros, Onces, Trío de Ases ou Destacados; optarán a estar nun macroevento, totalmente novidoso en Galicia, que recoñecerá o seu gran facer […]

Destacados Primeira. Xornada 5

*Pol-Pastoricense: Cuarta victoria consecutiva para o Pol. O cadro de Abad encarrilou o encontro na primeira metade e fixo o 3-0 ao comezo da reanudación. Ese tanto espoleou aos de Fran Veiga, que conseguiron recurtar as diferenzas a un só gol. Nos últimos minutos, o Pastoricense dispuxo de dúas ocasións a balón parado para poder […]

Palabra de… Richard Huerta: «Vinte e dous anos de fútbol, vinte e dous de Castroverde»

Dicía Carlos Gardel nunha canción que vinte anos non son nada, pero cando pasan correndo detrás dun balón pola Veiga do Olmo a cousa cambia. A miña incorporación o mundo do fútbol foi tardía. Comecei a xogar aos dezaseis anos e de casualidade (cousa de miña nai). Iso si, vintedous anos despois ainda sigo gastando botas polos […]