Así están as inscricións de Segunda e Terceira

Ata un total de seis equipos poderían non participar esta temporada

Quedan pouco máis de cinco días para pechar as inscricións para as diversas competicións de fútbol-11 da RFGF. O foco está posto na Segunda e Terceira Galicia así como o fútbol feminino. E parece que van ser todo un éxito, como a o foron as de Preferente e Primeira Galicia.

Ata a citada Primeira todos os equipos lucenses pre-pandemia continúan en liza. Non semella que vaia a pasar o mesmo na Segunda e Terceira, aínda que si seguirán a gran maioría de conxuntos. Desde a RFGF indícannos que, a día de hoxe, non teñen constancia da baixa de ningún equipo. Porén segundo puido saber Futbolinlugo o Bóveda e o Viveiro B, poderían ter as horas contadas. Haberá que agardar ao vindeiro martes 31 de agosto, data na que se pecha o prazo de inscrición.

Varios clubs traballan arreo para confeccionar un cadro de xogadores de garantías, como son os casos de Rubián e Abadín. Aínda así, fontes cercanas á Federación sinalaron, que a día de hoxe, “non se inscribiron uns 4-5 equipos na Segunda e 1 na Terceira”. Unha categoría, esta última, na que lle damos a benvida ao Castro B de Isaac Rouco.

Na Terceira Galega xa non aparecerá o breve proxecto do Lugo Unión. O equipo predecesor do Rábade Balompé xa estaba moi mermado no momento da chegada da pandemia. No pasado verán xa se confirmara a súa desaparición.

Inscricións no fútbol feminino

No máximo ente do fútbol galego, aseguran que non teñen noticias de novas altas ou baixas no fútbol feminino rexional. Segundo puidemos saber, o Corgo traballa na creación dunha sección feminina. Pero no Municipal están barallando a inscrición dun equipo de fútbol-8 para a vindeira temporada, sempre e cando atopen xogadoras suficientes.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario