Esta semana, de novo, dominan os tweets. A sección de hoxe chega cargada de tristeza, esperanzas… e humor!
- O primeiro tweet te como autor a Javi Pita, que asegura que o Racing non deixará de loitar!
Dabannos por mortos, pero seguimos mui vivos. Loitaremos ata o último minuto do último partido!! Vamos @racingvillalbes ♥️????
— javipita (@javipita13) 7 de mayo de 2017
- O segundo tweet vai cara Castro. O descenso fíxose real pero polo menos os xogadores trataron de evitalo ata o final
Día duro….temporada jodida!!
A naide lle gusta descender!! Queda o consuelo de que o demos todo.????— ivan gonzalez (@ivancin79) 7 de mayo de 2017
- Adoitamos queixarnos das arbitraxes… pero tamén está ben recoñecer o bon traballo dos árbitros como fixo Jesús!
Eu son unha das personas más críticas cos arbitraxes. Pero con árbitros como o que pitou hoxe o Santaballes – Riotorto da gusto. Noraboa
— jesus Pablo Blanco (@jesusPabloBlan) 7 de mayo de 2017
- Esta semana engadimos un cuarto tweet, xa que paga a pena ver esta gran imaxe de deportividade e certa comicidade!
@enxogo_tvg2 imaxe curiosa da xornada no Bóveda – Foz na que o árbitro intenta arranxar a rede da portería ca axuda do porteiro local Macía pic.twitter.com/qMM2DNgrG2
— Miguel Á. Salgado (@MiguelSalgado6) 7 de mayo de 2017
Gústanos ter tantas interaccións entre as que elixir como esta semana!