As nosas guerreiras da fin de semana!

Cada semana se achega máis o final de temporada, e todas as nosas rapazas se atopan competindo ao máximo para acadar os obxectivos polos que levan loitando desde o primeiro día de pretemporada!Así, o PM Friol-CD Lugo sacou un importante e decisivo punto da casa do Victoria, na Coruña, para manterse na terceira posición a falta de cinco xornadas para rematar a competición. O vindeiro encontre, ante o Arousana FF, será fundamental de cara a defender ese posto.

Na Primeira Galicia o balance foi totalmente negativo. A SCD Milagrosa caeu ante o líder, o Deportivo «B», por 0-8, nun duelo no que as do López Gorgoso foron moi inferiores ante un rival doutra liga; a SD Antas, pola súa banda, caeu pola mínima (3-2) na casa do Orzán SD, nun partido no que as loacis conseguiron remontar un 1-2 en contra nos últimos dez minutos.

Na Segunda Galicia tan só se disputou o choque entre PM Friol-CD Lugo «B» e Unión Campestre, que se saldou cun contundente 5-0 para as locais, con goles de Denise González (3) e Paula Rodríguez (2). Con estes tres puntos, as da Reigosa aventaxan en 10 ao segundo clasificado, o Sporting Burgo, aínda que estes teñen un partido menos no seu haber.

Por último, non houbo xornada de Fútbol-8!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.