As Copas da 2024/2025 xa teñen folla de ruta

Os clubes lucenses xa coñecen as eliminatorias de Copa que terán lugar na temporada 2024/2025. Haberá, ao igual que en campañas previas, tres competicións na nosa provincia: Feminina; 1ª e Preferente Futgal; 2ª e 3ª Futgal.

A competición feminina arrancará en marzo co derbi capitalino entre San Lázaro e Milagrosa. Nos cuartos de final, que terán lugar en maio, agardan o resto de participantes.

No tocante ao fútbol masculino, a véspera de Reis albergará a fase previa, que deixará —entre outros— un vibrante duelo entre Ribadeo e Residencia. A gran final, logo dunha longa ruta para aqueles que a xoguen, o día 22 de xuño.

A competición que mide aos clubes de 2ª e 3ª Futgal tamén dará o pistoletazo de saída o 5 de xaneiro. O derbi entre Sarriana ‘B’ e Paradela será un dos pratos fortes no comezo dun torneo que terá a súa fin o día 15 de xuño.



ruta

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *