Hai dous fines de semana comezaron as ligas dos máis pequenos na nosa provincia, os prebenxamíns, benxamíns e alevíns! Futbolinlugo falará hoxe de todos eses pequenos e pequenas que, cada fin de semana, enchen de alegría e ilusión os campos lucenses.
Comenzando polos máis maiores, os alevíns, tras dúas xornadas disputadas, o Racing Villalbes e o CD Lugo lideran a clasificación da Primeira Autonómica Norte, seguidos por Viveiro e Santiago de Foz. No Grupo Sur, o monopolio correspóndelle ao CD Lugo “B”, equipo ao que persiguen a Residencia, o Becerreá e o Polvorín. Xa na Segunda Autonómica, no Grupo Norte, o liderato é para o Porto Burela, seguido polo Mondoñedo. E nos Grupos Sur (A, B e C), Sarriana “B”, Sagrado Corazón e Castro, e Residencia “B”, respectivamente, contan todos os seus partidos por victorias.
No que atinxe aos benxamíns, a Primeira Autonómica Norte está moi igualada (Lugo, Burela e Ribadeo comparten as primeiras prazas con 6 puntos), mentres que no Sur a Residencia é o primeiro con 5 puntos de vantaxe sobre o Segundo clasificado, o Lugo “B”. En canto á Segunda Autonómica, o trono do Norte corresponde de momento ao Xove Lago, mentres que no Sur os primeiros clasificados son Becerrea, Guitiriz e Ferroviaria (Grupos A, B e C, respectivamente).
Por último, cómpre falar dos máis pequenos, aqueles que comezan a súa andaina no fútbol base, os prebenxamíns, Na Primeira Norte, Racing Villalbés lidera a táboa, seguido polo Porto Burela, mentres que o rei momentáneo do sur é o CD Lugo, con Franciscanos e Milagrosa apretándolles. O Racing Villalbés, neste caso o «B», tamén domina no Grupo Norte da Segunda Autonómica. No Grupo B estáse a consolidar na primeira praza un equipo de recente creación, o CP Lucense. Para rematar, o líder do Grupo C é o equipo nomeado como Piringalla/María Auxiliadora, formado por xogadores destes dous colexios da capital da provincia.