#Fútbol afeccionado

A Axenda: Sporting Lucense e Milagrosa poden celebrar o ascenso esta xornada

Ademáis do noso Partido da Xornada, coa permanencia en xogo na Primeira Autonómica, esta xornada tráenos un derbi provincial na Preferente, a posibilidade de dous ascensos a Segunda e moitos encontros máis xa con gran trascendencia clasificatoria.

PREFERENTE NORTE

 – Club Lemos – Ribadeo F.C. (Domingo ás 17 horas na Pinguela): un triunfo nos últimos cinco encontros afastou ao conxunto mariñán dos postos de cabeza. Visita a un Lemos que afronta o derbi coa idea de fuxir dos postos de perigo logo de perder o duelo directo ante o Sigüeiro, pero reforzado na súa idea de xogo.

– S.D. Sarriana – S.D. Fisterra (Domingo ás 17 horas na Ribela): catro xornadas sen gañar, as tres últimas con derrota, priváronlle aos de Xoan Peón de achegarse aos postos de cabeza. Agora tentarán sumar os puntos precisos para non achegarse á zona de perigo. Enfronte un dos conxuntos máis en forma da categoría. Os fisterráns son segundos con cinco puntos sobre o terceiro.



– C.D. Foz – Puebla C.F. (Domingo ás 17 horas no Martínez Otero): logo de quince xornadas sen gañar, o Foz tentará voltar á senda da vitoria para soñar coa permanencia. Reciben a un Puebla ao que xa venceron na súa casa, pero que chega á Mariña logo de sumar catorce dos últimos dezaoito puntos en xogo.

 – S.D.C. Residencia – S.D. Dubra (Domingo ás 17 horas na Cheda): encontro trascendental para os de Álvaro Meilán. Reciben a un conxunto que pelexa, contra pronóstico, por salvar a categoría e conta con dous puntos menos que os lucenses.

PRIMEIRA AUTONÓMICA



 – Chantada Atlético – Friol C.F. (Sábado ás 18 horas no Sangoñedo): encontro vital para a permanencia de ámbolos conxuntos. Un triunfo local afastaríao do descenso directo, mentras que os de Abad, penúltimos, precisan dunha vitoria que non logran desde comezos de decembro.

– S.D. Pol – Riotorto C.F. (Domingo ás 17 horas no Manuel Luna): dous dos equipos máis en forma da categoría. Os de Fernando Corredoira son segundos cos mesmos puntos que o Santaballés e non coñecen a derrota no 2020 ao igual que o Riotorto, invicto con Roberto Ramallal no banquiño.

SEGUNDA AUTONÓMICA

 – A.C.D. Xermade – C.D. Alfoz (Sábado ás 16:30 horas no Municipal de Xermade): a falta de regularide privoulle ao conxunto local de achegarse aos postos de ascenso, agora a seis puntos. Reciben a un líder sólido que tentará poñer outro peldaño no seu camiño cara a Primeira.

– S.D. Páramo – Ferreira C.F. (Sábado ás 16:3o horas nas Rapadas): o conxunto local, na metade da táboa e moi lonxe da cabeza recibe a un Ferreira que ocupa a segunda posición e que non perde lonxe do Valiño desde o mes de novembro.



TERCEIRA AUTONÓMICA

 – Friol C.F. B -S.D. Viveiro (Sábado ás 16:30 horas na Reigosa): o filial friolista buscará tres puntos que lle certifiquen a súa presenza na promoción de ascenso e que lle permitan seguir soñando cunha difícil segunda praza. Máis preto a ten o seu rival, terceiro clasificado a tan só un punto do Matela.

– Sporting Lucense – Club Lemos B (Sábado ás 18 horas no Rodríguez Lago 1): un triunfo do cadro local daríalle matemáticamente o ascenso a Segunda Autonómica ás primeiras de cambio. Enfronte o filial do Lemos tentará darlle emoción ao grupo sur e de paso manter posibilidades matemáticas de acadalo salto de categoría pola vía rápida.

– S.D. Castroverde – S.C.D. Milagrosa (Domingo ás 16:30 horas na Veiga do Olmo): o conxunto da Frigsa tamén pode rematala xornada festexando o ascenso. Para acadalo, primeiro tería que beneficiarse do triunfo do Sporting Lucense. No caso de que o cadro de Lolo faga os deberes un triunfo da Milagrosa outorgaríalle o ansiado ascenso. Pero o Castroverde tamén terá moito que decir. O seu pase á promoción tamén está en xogo.

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA FEMININA

 – S.D. Antas – Sárdoma C.F. B (Domingo ás 16:30 horas no Castro Seoane): difícil convite para as da Ulloa. Reciben ás terceiras clasificadas que foron quen de sumar trece dos últimos quince puntos den xogo. Cos postos de descenso moi preto, sumar na casa antóllase fundamental de cara ao final de temporada.

– Peluquería Mixta Friol B – Betanzos C.F. (Domingo ás 18:15 horas na Reigosa): encontro entre dous conxuntos en boa forma. Cuartas contra sextas. As rapazas de Covi tentarán darlle continuidade á súa gran xeira de resultados e achegarse así ás tres primeiras posicións.

A Axenda: Sporting Lucense e Milagrosa poden celebrar o ascenso esta xornada

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *