A pasada fin de semana foi -en xeral- positiva para as nosas rapazas. Porén, o clube máis icónico da provincia, o PM Friol, caeu na Reigosa ante unha SD Éibar que gozou de maior efectividade ao longo dos noventa minutos e superou ao conxunto presidido por Ángel Villar por 0-3.

A outra cara da moeda veu dada polo equipo «B» das friolenses. Tras varias semanas de parón, as de Covi volvían á competición na casa doutro filial, o Valladares «B». Aló, as lucenses realizaron unha auténtica exhibición e conseguiron un cómodo 1-5, que lles serve para manterse na cuarta posición da Primeira Galicia. Nesta mesma categoría, a SD Antas empatou (2-2) co Tomiño, rival directo polo descenso. O partido, pese a ser moi disputado, tivo cor celeste na súa maior parte, e tan só a falta de efectividade privou ás do Castro Seoane da victoria.

Na Segunda Galicia os equipos lucenses deixaron moi boas sensacións: o CD Lugo superou con claridade (9-0) ao Victoria «C», pese aos fortes ventos e a chuvia que se rexistraron na Cheda na tarde do domingo. As xogadoras albivermellas mostraron boa profesionalidade e adaptáronse ben ás condicións. A SG Comercial superou por 11-0 a un Olímpico condicionado pola falta de xogadoras, xa que xogou con 10 todo o choque. Pese a iso, as de Vivian Dors mostraron un gran xogo. O Carballedo CF, que chegou ao seu encontro ante o Xuventude de Crendes con tan só 12 xogadoras, pero esas 12 dominaron durante os noventa minutos e obtiveron os merecidos tres puntos, 3-2.  Pola contra, a SD Chantada caeu por 2-1 na súa visita ao campo do Sporting Burgo.

No Fútbol-7, a SD Burela non xogou, xa que o seu partido foi adiantado para fai 15 días, mentres que a SCD Milagrosa caeu por 0-2 ante o Deportivo Orzán, líder destacado da categoría.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*