
Comezamos falando de adestradores. E como non, da Mariña. Sempre tan activa. Diego Rego renovou no Lourenzá porén en Ribadeo terán que buscar novo técnico. Despois dunha exitosa traxectoria no Pepe Barrera, Fiz Rodríguez non seguirá á fronte dun conxunto que coqueteou co ascenso á Terceira División.
Moito máis ao sur, o tándem Jessi e Raúl manterase unha campaña máis no Carboeiro. Este dúo afronta o reto da Segunda Galicia co Incio. Os que xa coñecen ben o que teñen diante son Juan Rodríguez e Dani Orcha. Que tentarán volver repetir a súa gran tempada ao fronte do Chantada.
O noso ilustre David Páez abandona as categorías inferiores do Deportivo para disfrutar dunha bonita e ilusionante aventura no clásico Écija da Terceira División. Ademais, Julio Corral está a punto de caramelo co Atlético Escairón. A súa fichaxe podería confirmarse nas próximas horas.
No capítulo de xogadores, Caio abandona precisamente o cadro do Saviñao para xogar no Barbadás. E o Celta Barreiros ten prácticamente atado a Álvaro, un dos puntais da zaga do Foz. Por último, nova e importante incorporación no Lemos. O cadro de Edu Rodríguez reforza a súa defensa con Ivo, un dos xogadores máis destacados neste último ascenso da Sarriana a Preferente.

