#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Os onces das semifinais da Copa na Segunda e na Terceira

A Copa Jorge Tato xa ten finalistas nas categorías máis baixas do fútbol sénior lucense. Burela e Brollón loitarán polo título o vindeiro domingo no Anxo Carro despois de eliminar en cadansúa tanda de penaltis a Fonsagrada e Chantada Atlético. Deste xeito, a Terceira queda sen representantes na Copa e será un equipo ascendido a Primeira e outro da Segunda os que se xoguen o trofeo.

O Burela logrou ser o mellor no grupo norte ao longo do trofeo copeiro e non acusou a excelente temporada que o convertiu tamén no dominador do grupo norte da Segunda Galicia. Non obstante conseguiu o seu pase nos penaltis, despois de empatar a un no campo do Fonsagrada. O cadro local adiantouse no marcador por medio de Javi Regueiro antes do primeiro cuarto de hora de partido; e cinco minutos máis tarde empatou un cadro burelao no que o xuvenil de segundo ano, Álex xogou os 90 minutos e marcou un dos penaltis da tanda. Aínda así, meritorio papel do cadro fonsagradino que se soubo sobrepoñer os avatares de toda a temporada para rematar facendo un digno torneo.

No pase a final do grupo sur, o Brollón completou de novo o avance a unha eliminatoria nos penaltis, como en todas nesta edición da Copa Jorge Tato. O conxunto adestrado por Chura empatou sen goles ante o Chantada Atlético, recén ascendido á Primeira Galicia. Na tanda dos penaltis, o Brollón non tiña ao seu talismán Juanjo, pero David detivo dous penaltis que lle permiten ao seu equipo acceder a unha final histórica o vindeiro domingo no Anxo Carro.



 

Os onces das semifinais da Copa na Segunda e na Terceira

Diario dun Mercado. Episodio 57

Os onces das semifinais da Copa na Segunda e na Terceira

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *