#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os sobranceiros da Terceira na novena xornada da 2ª fase

 

Sen cambios nos cinco equipos que ocupan os primeiros postos na fase polo ascenso e que buscan estar a vindeira temporada na Segunda Galicia. No Trofeo Delegación, o Muimenta descansou esta xornada, pero mantense como claro candidato a xogar a final do ascenso. Pola súa banda no grupo norte, igualase a parte alta co empate a puntos do Paradela, Río Sil e Guntín. O Laxosa descansou a pasada fin de semana.

O Corgo mantense como líder por segunda semana seguida ao vencer a unha Fonsagrada que queda a catro puntos dos postos de ascenso. Dani na portería, Seoane que abriu o marcador anotando o seu terceiro gol nos últimos catro partidos na súa posición de mediocentros e Borja Núñez cun novo golazo foron os máis sobranceiros do equipo corgués. Segundo é o Incio que conseguiu un valioso empate en Román ante o Catro Roldas. Todos os goles chegaron  na segunda metade; o Catro Roldas colleu vantaxe pero o Incio logrou igualar a diferenza de tres goles nunha boa actuación de Farid. Terceiro é agora o Goiriz despois de caer no Ventiño pola mínima ante unha Comercial que afianza o seu cuarto posto. O Catro Roldas mantén unha semana máis a quinta praza ao colleitar o mesmo resultado ca o Cervo. O equipo adestrado por Iván Pernas empatou ante o Sober. Un partido marcado por unha agresión, uns presuntos insultos e varias expulsións. Actos que condenamos e que o único que fan é danar ao noso fútbol.

 



No Trofeo Delegación Lugo, no grupo norte o Muimenta conserva o liderado a pesar de descansar na fin de semana. O seu perseguidor máis próximo é o Friol que se sitúa a 7 puntos logo de volver ao camiño da vitoria despois de tres xornadas sen coñecela. Venceu pola mínima a un Rábade que fixo un gran encontro con especial protagonismo para Álex e Yeray. Terceiro mantense o Cazás que sumou a súa cuarta xornada consecutiva sen perder ao empatar ante o Celeiro. Héctor, David e Eloy cun bo gol coa axuda do vento foron do máis destacado no cadro xermadino; mentres que Marco foi o máis sobranceiro polo conxunto da Mariña. Cuarto é o Celta Barreiros a pesar de encaixar unha derrota ante un Rioaveso que gañou por primeira vez nesta segunda fase. O equipo vilalbés volveu recuperar o olfato goleador de Cleno que marcou un dobrete.

No grupo sur, o Paradela segue como líder a pesar de perder o seu primeiro enfrontamento desta fase. Foi ante un rival directo, o Guntín que empata a puntos na cabeza. Iso si, entre os dous e, por suposto, cos mesmos puntos (18) sitúase o Río Sil que derrotou con claridade a un Quiroga que conseguiu empatar o partido nun primeiro momento cun gol de Bolés pero que se viu superado posteriormente. Dani Melo con dous tantos e Canteiro con tres foron do máis destacado do encontro. No outro encontro da xornada o FC Becereá e o Relámpago empataron a tres goles. O equipo de Taboada presentouse con 14 futbolistas dous deles lesionados e sen porteiro, polo que Varela tivo que colocarse baixou paus. O equipo adestrado por Diejo Mejuto colleu vantaxe no primeiro tempo onde Luismi anotou un dobrete, pero na segunda metade o Becerreá conseguiu igualar o choque no tempo de prolongación.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *